• O deputado Celso Delgado explica que en foros ferroviarios xa está circulando a información de que o Ministerio de Transportes vén de tomar a decisión de non licitar e, en consecuencia, non executar os tres tramos que están pendentes da Variante Exterior Ferroviaria de Ourense
• De confirmarse estes feitos, serían dunha enorme gravidade, un agravio enorme a Galicia e moi en especial a Ourense e é por iso moi urxente que tanto o MITMS como Adif-AV desmintan oficialmente de inmediato este rumor e confirmen que, tal e como está comprometido, licitarán en 2025 as obras dos tres novos tramos antes citados que por certo xa teñen os proxectos de construción redactados, explican os deputados populares Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana no seu escrito
O Partido Popular de Ourense alerta sobre unha preocupante información que circula en foros ferroviarios: o Ministerio de Transporte podería ter tomado a decisión de non licitar e, en consecuencia, non executar os tres tramos que están pendentes da Variante Exterior Ferroviaria de Ourense. Por este motivo, os deputados populares Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana veñen de presentar por escrito unha pregunta ao Ministerio de Transportes para que respondan oficialmente ante estes preocupantes feitos.
Estes tres tramos pendentes son Conexión Seixalbo-Seixalbo (0,83 km); Seixalbo-Túnel de Montealegre (3,96 km) e Túnel de Montealegre-Estación de Ourense (3,63 km). Ademáis, as informacións incensantes recalcan que como alternativa, están a elaborar no Ministerio de Transportes un proxecto de desdobramento da actual liña convencional, de modo que se chegaría á estación de Ourense polo sinuoso percorrido actual no que se instalou de forma provisional un terceiro fío para que puidese chegar en decembro de 2021 a alta velocidade a Ourense.
“De confirmarse estes feitos, serían dunha enorme gravidade, un agravio enorme a Galicia e moi en especial a Ourense e é por iso moi urxente que tanto o MITMS como Adif-AV desmintan oficialmente de inmediato este rumor e confirmen que, tal e como está comprometido, licitarán en 2025 as obras dos tres novos tramos antes citados que por certo xa teñen os proxectos de construción redactados”, explican os deputados no seu escrito.
Como xa denunciaron anteriormente os deputados populares ourensáns, o Goberno socialista vén negandose sistemáticamente a dar unha explicación convincente de cales son as razóns polas que estes proxectos xa redactados necesitan un “novo contrato” para “adaptalos á forte subida do prezo dos materiais e a aprobación da última normativa de obrigado cumprimento”. Lembran que Adif-AV/AV é un ente supertecnificado, con medios informáticos de primeira que proporciona a actualización de prezos en liña e que non é necesario licitar ningún novo contrato, “Non busquen escusas nin nos traten como menores de idade ou como indocumentados”, expresan os deputados populares no seu escrito.
Unha vez máis insisten Celso Delgado, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana que é imprescindible construír os tres tramos pendentes da Variante Exterior, pois doutro xeito a LAV quedaría cun tramo de trazado sinuoso de 8 km e de vía única mixta, entrado na estación ademais en curva. Ademais, é fundamental para completar o trazado con dobre vía na totalidade da LAV e asegurar a súa fiabilidade, pois de non ser así calquera incidencia ou avaría nunha vía única supoñería o corte do acceso ferroviario entre Galicia e Madrid.
E a maiores, lembran o recente informe da patronal das obras públicas, SEOPAN “Análises do Investimento Prioritario en Infraestruturas en España” no que se cualifica a Variante de Ourense como unha prioridade e que “O investimento total estimado por Adif para toda a infraestrutura é de 564 M€, que terá un beneficio social asociado de 1.111 M€ calculados a 30 anos”.
Por todo elo, os deputados populares formularon as seguintes preguntas:
• Desmentirá de forma oficial e urxente o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS) e Adif Alta Velocidade, as informacións que están a chegar, de que non vai executar as obras dos tres novos tramos pendentes da Variante Exterior Ferroviaria: Conexión Seixalbo-Seixalbo, Seixalbo-Túnel de Montealegre e Túnel de Montealegre-Estación de Ourense, debido a que pretenden simplemente unha duplicación do sinuoso tramo actual que ten un carácter provisional?
• Que explicación dá o Goberno e ADIF-AV e o MITMS a que en novembro de 2023 afirmase por escrito o Delegado do Goberno que os proxectos dos tres tramos pendentes de licitar da variante exterior estaban en” revisión de normativa de seguridade e prezos”. E que en decembro de 2024 afirmen en resposta parlamentaria que “é necesario un novo contrato para realizar esa actualización”?
• Confirma o MITMS e Adif-AV que despois de varios incumprimentos, licitarán en 2025 as obras dos tres tramos pendentes da variante exterior?