HomeOurenseBarbadásO Programa Cultural de Verán "Os xoves son Cultura"

O Programa Cultural de Verán “Os xoves son Cultura”

- Anuncio -spot_img

Chega o final do Programa Cultural do Verán do concello de Barbadás cunha magnífica película Pinocho de Guillermo del Toro, será xoves 31 de agosto, ás 21:30 no Parque de Patos (A Valenzá).

É unha versión musical en animación stop motión do famoso conto Pinocho, ambientado na Italia fascista, durante a década de 1930. Guillermo del Toro e Mark Gustafson dirixen esta película, que na versión orixinal conta cun reparto estelar de voces: Ewan Macgregor (Pepiño Grilo), David Bradley (Geppetto), e o debutante Gregory Mann (Pinocho). Tamén participan Finn Wolfhard, Cate Blanchett, John Turturro, Ron Perlman, Tim Blake Nelson, Burn Gorman, Christoph Waltz e Tilda Swinton.

A película ten unha duración de 117 min e conta con recoñecementos como:

Premio Oscar: Mellor Película de Animación

Premio Bafta: Mellor Película de Animación

Golden Gloves: Mellor Película de Animación

Critics Choice Awards: Mellor Película de Animación

Premios Annie: Mellor película de Animación, Mellor dirección en película de animación…

Publicacións Relacionadas