Home O Ribeiro Castrelo de Miño A Xunta colabora ca concello de Castrelo de Miño para dotar ao...

A Xunta colabora ca concello de Castrelo de Miño para dotar ao servizo de protección do Medio Ambiente dun vehículo con distintivo ambiental ECO

- Anuncio -

― A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, deste vehículo todocamiño financiado polo Goberno galego cunha axuda de 30.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

― A Xunta investiu este ano 11M€ neste fondo que se destinarán a apoiar 256 iniciativas dos concellos galegos e leva investidos desde 2010 case 108M€ en máis de 2.300 proxectos

― O concello recibiu nos últimos anos máis de 415.400 euros en melloras ambientais e de infraestruturas municipais no marco da colaboración entre o Goberno galego e as entidades locais

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, dun vehículo con distintivo ambiental eco destinado a facilitar os desprazamentos do servizo municipal que se encarga da vixilancia e protección do entorno natural do concello.

A Xunta financiou a adquisición deste todocamiño con distinto ambiental eco cunha axuda de 30.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental. O Goberno galego investiu na convocatoria deste ano desta orde de axudas 11 millóns de euros para levar a cabo 256 actuacións relacionadas coa protección do medio ambiente, como é o caso do apoio para a compra de vehículos con distintivo ambiental cero emisións ou eco.

Outras iniciativas apoiadas a través destas axudas van dirixidas a evitar a degradación ambiental mediante a contratación de persoal e equipamento para a protección do medio ambiente, así como melloras no saneamento, o abastecemento de auga ou a recollida de lixo e melloras da eficiencia enerxética no alumeado público ou en instalacións municipais. En definitiva, aborda a mellora do funcionamento de servizos municipais destinados á protección do medio ambiente e do espazo natural con medidas orientadas á conservación da biodiversidade, ao coñecemento e á utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais e á recuperación do medio natural degradado, así como ao impulso da eficiencia enerxética e á utilización sustentable das enerxías renovables

Neste caso, o vehículo entregado hoxe ao concello de Castrelo de Miño é un todocamiño híbrido de 5 prazas e potencia máxima de 88 Kw con emisións de CO2 inferiores aos 150g/km. Natalia Prieto explicou que, deste xeito, contribúese á redución das emisións de gases de efecto invernadoiro, ao memos tempo que se axuda ao concello a renovar o parque móbil do concello con vehículos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente.

O novo vehículo vai destinado ao servizo municipal que se ocupa de informar, asesorar e inspeccionar as denuncias de particulares relacionadas coa protección do entorno rural, por exemplo no que respecta á normativa da limpeza das fincas co obxectivo de previr incendios. Os técnicos deste servizo tamén se desprazan polo municipio para revisar o cumprimento da norma e o estado de limpeza das franxas de protección contra o lume, polo que precisan dun vehículo axeitado.

A directora xeral de Administración Local lembrou que o Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha pola Xunta en 2010 para distribuír os ingresos do canon eólico e permitiu ata agora cofinanciar máis de 2.300 proxectos por case 108 millóns de euros. Nesta liña, engadiu que estes proxectos teñen un efecto exemplarizante ao contribuír a concienciar á veciñanza da repercusión sobre o medio ambiente das medidas de eficiencia enerxética e de impulso da sustentabilidade ambiental nas administracións públicas, en concreto, nas entidades locais.

No concello de Castrelo de Miño o investimento da Administración autonómica supera os 415.400 euros no marco da colaboración coas entidades locais para axudarlles a levar a cabo proxectos vinculados con melloras ambientais ou en infraestruturas destinadas á prestación de servizos municipais.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Publicacións Relacionadas