A liña 20, que dá servizo ao campus, suspenderase durante o Nadal polo remate do período lectivo na Universidade
O Concello de Ourense informa de que o servizo de autobús nocturno Moucho Bus estará operativo en Noiteboa (24 de decembro) e Noitevella (31 de decembro). Son dúas liñas, a número 25A, que percorre o treito que vai desde O Vinteún até A Cuña, e a 25B, que vai desde a antiga estación de autobuses até a residencia. A liña O Vinteún – A Cuña terá saídas ambas as noites ás 1.00, 2.00, 3.00. 4.00, 5.00, 6.00 e 7.00 h desde O Vinteún, e ás 1.30, 2.30, 3.30, 4.30, 5.30 e 6.30 desde A Cuña. A liña Antiga estación de autobuses – Residencia terá saídas desde a antiga estación ás 1.30, 2.30, 3.30, 4.30, 5.30 e 6.30, e desde a residencia ás 1.00, 2.00, 3.00, 4.00, 5.00, 6.00 e 7.00 h.
Ademais, as persoas interesadas poden consultar na páxina web de Avanza Ourense Avisos – Ourense – Grupo Avanza as horas de saída dos últimos servizos dos días 24 e 31 de decembro, e dos primeiros dos días 25 de decembro e 1 de xaneiro (xornadas nas que as primeiras saídas serán pola tarde).
Por outra banda, debido ao remate do período lectivo na Universidade, desde o 23 de decembro até o 7 de xaneiro, ambos os dous incluídos, suspenderase o servizo da liña 20 de autobuses urbanos: Parque de San Lázaro – Campus universitario – O Vinteún.