HomeOurenseO servizo de autobuses axusta os horarios en Nadal e Aninovo, e...

O servizo de autobuses axusta os horarios en Nadal e Aninovo, e activa dúas rutas de Moucho Bus e un Tren Nadal Express

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ourense informa dos horarios especiais dos autobuses urbanos os vindeiros días 24, 25, 31 de decembro e 1 de xaneiro con motivo das celebracións de Nadal e Aninovo.

Nas xornadas dos mércores 24 e 31 (Noiteboa e Noitevella), terán a súa derradeira saída entre as 18.30 e as 19.45 horas, dependendo da liña.

Os festivos 25 de decembro e 1 de xaneiro (Nadal e Aninovo), a primeira saída da xornada será entre as 15.30 e as 16.30 horas, en función de cada liña.

Os horarios detallados de cada un dos percorridos están dispoñibles na páxina web do Concello:

https://ourense.gal/media/filer_public/c4/81/c4816a6a-c18f-401b-b95f-2f243c73d857/servizos_nadal_2025-2026.pdf

Servizo nocturno e Tren Nadal Express

Para facilitar a mobilidade nocturna en Noiteboa e Noitevella, o servizo de Moucho Bus funcionará con dúas rutas:

  • Liña 14A: Valdorregueiro – Universidade Laboral (A Cuña), con saídas cada hora desde Valdorregueiro (de 1.00 a 7.00 h) e desde a Laboral (de 1.30 a 6.30 h)
  • Liña 14B: Antiga estación de autobuses – Berrocás, con saídas cada hora desde a antiga estación (de 1.30 a 6.30 h) e desde Berrocás (de 1.00 a 7.00 h).

Por outra banda, o servizo do Tren Turístico quedará cancelado os días 27 e 28 de decembro, e o 3 e 4 de xaneiro.

No seu lugar, durante as festas funcionará o servizo Tren Nadal Express, de 17.00 a 20.30 horas. Será gratuíto e sairá da Praza Maior para avanzar polo Paseo, Parque de San Lázaro, Santo Domingo e rúa da Paz, regresando á Praza Maior. Estará operativo ata o 4 de xaneiro de maneira ininterrompida.

Publicacións Relacionadas