- A Liña Gran Circular estará activa en xaneiro e formará parte das novas rutas deseñadas polo goberno municipal
- Terá como finalidade unir os barrios lindeiros co centro, evitando transbordos e facilitando conexións directas
A redacción do novo prego da concesión do servizo de autobuses urbanos do Concello de Ourense, que se licitará no mes de xaneiro e se adxudicará o próximo verán, incluirá a obrigatoriedade dunha ruta circular de autobús na cidade.
Esta ruta circular incluirase tamén no novo deseño das liñas de autobús que o Concello implantará nas primeiras semanas de 2023. Incluirase tamén na proposta fase ALPHA 3.0 que o goberno municipal presentará nos próximos días, con cambios xa definitivos, antes da fase Beta de probas.
A nova liña GRAN CIRCULAR unirase ás liñas axiales norte-sur xa propostas.
Explica o goberno municipal que “a Gran Circular conectará a todos con todo. Chamarase liña 0 e terá unha frecuencia alta, cada 20 minutos, con percorridos en ambos os sentidos, conectando zonas historicamente desconectadas. Unirá todos os barrios lindeiros ao centro, evitando transbordos e facilitando conexións directas, de xeito que unha persoa que viva no Couto, San Francisco ou A Ponte poderá desprazarse de forma directa ao centro, ao xulgado ou pavillón dos Remedios, a estación intermodal, a residencia, a universidade ou Auditorio/Biblioteca, etc.
A Liña 0, Gran Circular realizará, cada 20 minutos, esta ruta:
Residencia – San Francisco – Auditorio – Parque de San Lázaro – Campus – Avenida Otero Pedrayo – As Lagoas – Ponte Nova – Estación Intermodal – Xulgados/Pavillón – Praza do Couto – Avenida Portugal – O Posío – Avenida de Zamora – Residencia



