O Tren das Termas terá o domingo a súa saída e chegada na Alameda, pola celebración dos Maios na Praza Maior

adminON
Lectura mínima de 1

A liña 5 circulará por Isaac Piñeiro o sábado pola tarde a causa das festas de Vistafermosa

A liña número 19 do servizo de transporte urbano: Praza Maior – Termas de Outariz, fará o seu percorrido pasado mañá, domingo, día 4 de maio pola rúa Xoán XXIII e a Alamed (onde estará o punto de saída e chegada), a causa dos  actos programados na Praza Maior pola celebración da festa dos Maios 2025.

Por outra banda, a causa das festas de Vistafermosa, o sábado, 3 de maio, a partir das 20.00 horas, cando se produza o corte de tráfico da Avenida de Vistafermosa, os autobuses da liña número 5 “Outariz – Reza – Ceboliño” farán o seu percorrido nos dous sentidos pola rúa Isaac Piñeiro.

Comparte este artigo