Home Ourense O Tribunal de Contratación Pública de Galicia esixe pequenos cambios na licitación...

O Tribunal de Contratación Pública de Galicia esixe pequenos cambios na licitación do servizo de autobús municipal

- Anuncio -

O Concello non recorrerá as resolucións para non demorar a adxudicación do contrato e volverá abrir prazo de presentación de ofertas a próxima semana, incluíndo xa as correccións indicadas polo Tribunal

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia esixiu pequenos cambios na licitación do servizo de transporte municipal de Ourense. En 2 resolucións, 178 e 179/2024, do 29 de novembro de 2024, en resposta a outros tantos recursos presentados por empresas interesadas, require o Concello modificar 3 cuestións moi concretas dos pregos de contratación.

O Concello de Ourense non recorrerá as resolucións para non demorar a licitación do contrato, segundo avanzou o goberno municipal, quen advirte que as correccións que se deberán realizar son “sinxelas”, e que “se volverá abrir prazo de presentación de ofertas a próxima semana, incluíndo xa correccións requiridas polo Tribunal”.

As 2 resolucións do tribunal requiren realizar 3 correccións concretas que afectan a:

a) Un erro de redacción en canto á localización da nave – cocheira, ao prever que, ademais de en Ourense, poida establecerse en “municipios limítrofes”. En consecuencia, deberá corrixirse o prego para incluír “municipios próximos”, mantendo o criterio do prego de que a nave estea a unha distancia máxima de 10 km. por estrada do límite do termo municipal.

b) Un erro consistente en non incluír no orzamento de gastos de persoal o incremento de custo de Seguridade Social derivado do mecanismo de equidade interxeracional.

c) Un erro na redacción da fórmula de valoración da oferta económica. Segundo o Tribunal, non deixaba claro se se puntuarían as diferenzas entre ofertas que se expresen en números decimais e non enteiros. Porén, cómpre destacar que o Tribunal non fai ningún reproche á fórmula de valoración, só pide que a redacción sexa máis clara.

Aínda que estas dúas resolucións poderían interpretarse como algo negativo, conteñen tamén dúas boas noticias, segundo manifesta o goberno municipal.

Por unha banda, explica que “os 2 recursos presentados cuestionaban 15 cuestións diferentes relativas aos pregos. O Tribunal rexéitaas todas, dándolle a razón ao Concello, excepto nesas 3 cuestións que se indicaron. En particular, os motivos máis graves – que dabamos un trato de favor á actual empresa prestadora do servizo ou que o orzamento era irreal – foron rotundamente rexeitados polo Tribunal, o que avala, no esencial, a corrección dos pregos (salvo eses pequenos erros)”.

A isto engade o goberno local que “a corrección dos erros indicados é sinxela, e realizarase polo Concello o máis axiña posible, abrindo un novo prazo de presentación de ofertas, se é posible xa a próxima semana. Deste xeito, a licitación – aínda que cun atraso que pode estimarse nun mes e pico – continuará adiante”, aseguran.

Por estes motivos, conclúe o goberno municipal que “aínda que o Concello tería a posibilidade de recorrer a decisión do Tribunal, que nos parece excesivamente rigorosa (xa que os erros indicados son discutibles e poderían salvarse por vía interpretativa) non o imos a facer, para non demorar máis a adxudicación do novo contrato, que esperamos permita continuar mellorando este servizo esencial para os cidadáns.”

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas