Unha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) avala a decisión do goberno municipal de suprimir os premios de xubilación ao persoal do Concello.
O executivo local deu conta na Xunta de Goberno de hoxe desta resolución, que desbota a reclamación dun ex-traballador do Concello que demandaba que lle fose abonada a dita gratificación.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valorou moi positivamente a resolución do TSXG: “A sentenza di que os premios de xubilación son ilegais e, por tanto, dan a razón ao Concello, que hai un par de anos cambiou a tendencia e decidiu non pagar premios de xubilación, que eran unha gratificación de 1.100 euros a quen se xubilaba. Tiñamos razón o Concello, o grupo de goberno e os xurídicos que nolo recomendaron porque entendían que non se podía pagar ese premio”, conclúe Pérez Jácome.



