A xustiza dálle a razón unha vez máis ao alcalde, e confírmase como todas as denuncias formuladas polos tránsfugas naquel momento resultaron ser finalmente falsas
Dáselle tamén a razón ao Concello ante este recurso que solicitaba o reingreso deste ex-traballador eventual na administración municipal
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia emitiu a sentenza pola que desestima unha apelación dun ex-traballador eventual do Concello que estaba aliado cos edís tránsfugas desde outubro de 2020.
Desta maneira, a xustiza dálle a razón unha vez máis ao alcalde, e confírmase como todas as denuncias formuladas polos tránsfugas naquel momento resultaron ser finalmente falsas. Tal e como manifesta o alcalde, “demóstrase que todas as denuncias daquela traizón estaban baseadas en imaxinacións e maldades. Así, péchase xa o último capítulo de traizón, onde a xustiza quítalles a razón aos edís tránsfugas e aos eventuais traidores, e dálla ao alcalde e ao seu equipo”.
A apelación deste ex-traballador eventual baseábanse en dous motivos, relativos a expresión concreta da causa do cese, e a unha suposta desviación de poder que sustentaría a ilegalidade do cese. A sentenza é clara na súa afirmación: ningún dos argumentos presentados por este ex-traballador poden acollerse. Consecuencia disto, desestímase este recurso de apelación, e impón ao apelante – é dicir ao ex-traballador eventual -, as costas desta alzada, fixándoas en 1.000 euros nos conceptos de defensa e representación da Administración apelada.