Home Deputacións Deputación Ourense O XII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas reunirá en San Cristovo...

O XII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas reunirá en San Cristovo de Cea a 300 gaiteiros de toda Galicia, Asturias e Portugal

- Anuncio -

O vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández cualificou esta cita como “inescusable nun concello que é e segue sendo terra de gaiteiros”, destacando que “non hai máis progresismo que dinamizar o tradicional, máxime cando a Escola Provincial de Gaitas representa a esencia da promoción dunha tradición que milleiros de alumnas e alumnas levan por todo o mundo”.

Ademais da competición de 19 bandas, o programa inclúe a presentación do libro Temperando la gaita gallega y su mundo de Fernando Molpeceres, e a exposición de 16 cornamusas primitivas no Multiusos de Cea

O campo de Saleta en San Cristovo de Cea reunirá o próximo domingo, 3 de xullo, a 300 gaiteiros de 19 agrupacións chegados de todas as provincias galegas, Asturias e Portugal no XII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, presentado hoxe no Pazo Provincial coa asistencia do vicepresidente da Deputación Rosendo Fernández; o alcalde de Cea, José Luis Valladares; o presidente da asociación Queixumes dos Pinos, José Antonio Viñas; e o director da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda, Xosé Lois Foxo.

“Unha cita inescusable na axenda de todos os amantes da música tradicional e da beleza artística asociada aos certames de bandas de gaitas, nun concello que é e segue sendo terra de gaiteiros”, destacou Rosendo Fernández na súa intervención, sinalando que “non hai máis progresismo que dinamizar e colaborar co tradicional, máxime cando se trata do instrumento máis senlleiro que temos e onde a Escola Provincial de Gaitas representa a esencia da promoción dunha tradición que milleiros de alumnas e alumnas levan por todo o mundo”.

O director da Escola Provincial de Gaitas, organizadora do evento, Xosé Lois Foxo, explicou que con este certame “quixemos abrir unha porta ao mundo da gaita que tanto sufriu as consecuencias da pandemia, por iso é unha alegría a magnífica aceptación que tivo este evento”. Foxo tamén subliñou que a presente edición estará dedicada a Xosé María Alfonso García Castro “Muíño”, ao que cualificou como “o segredo das gaitas e un home que fixo un enorme servizo pola promoción das bandas”.

Pola súa parte, José Antonio Viñas, en representación de Queixumes do Pinos como entidade colaboradora, subliñou a importancia da colaboración institucional “para desenvolver proxectos que poñan de relevo, dinamicen e dignifiquen a nosa música e folclore, xerando ilusión e paixón en torno á nosa cultura popular”.

Pechou as intervencións o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, que agradeceu a elección de Xosé Lois Foxo para organizar o certame no seu concello, coincidindo coas datas nas que se celebraría a Festa do Pan de Cea, “un momento moi importante para nós pero que polas circunstancias actuais non podemos celebrar”. O alcalde, que lembrou a gran tradición gaiteira da súa terra, expresou o seu desexo de que os visitantes “poidan gozar da música tradicional, pero tamén dun concello situado na Vía da Prata e onde o pan é arte”.

O XII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, Memorial “Muíño”, na súa primeira fase, reunirá a 300 gaiteiros de 19 bandas -catorce da provincia de Ourense, outras tres da Coruña, Lugo e Pontevedra, unha de Asturias e outra máis de Portugal- que comezarán as súas interpretacións ás 11.00 horas no campo da Saleta. O programa de actividades inclúe a presentación do libro Temperando la gaita gallega y su mundo de Fernando Molpeceres, así como a exposición de 16 cornamusas primitivas que desde mañá, 1 de xullo, e ata o 15 de agosto poderá verse no Multiusos de Cea.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas