HomeOurenseOurenseO Xulgado arquiva a denuncia contra o alcalde pola compra de material...

O Xulgado arquiva a denuncia contra o alcalde pola compra de material de gravación e a contratación dun asesor

- Anuncio -spot_img

A Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Ourense, praza número 1, ditou un auto no que acorda o sobreseimento provisional e o arquivo da causa aberta contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, por unha denuncia que cuestionaba a adquisición de material técnico (dúas cámaras) e a contratación dun asesor por parte do Concello para realizar, supostamente, gravacións para unha televisión privada.

O xuíz acorda o arquivo ao entender que “de todo o instruido ata a data non se deducen indicios suficientes que permitan afirmar que nos atopamos ante feitos contrarios ao ordenamento xurídico penal”. O auto sinala que “non se aprecia ningunha conduta delitiva” e subliña que “o feito de que se compre material técnico para gravar actuacións relacionadas co Concello de Ourense, o feito de contratar a un asesor co fin de encargarse, entre outras funcións, de realizar tales gravacións, en ningún caso é constitutivo de delito”.

Publicacións Relacionadas