test
Home Ourense Allariz-Maceda O XV Ciclocrós Castelo de Maceda - Copa Deputación contará este domingo...

O XV Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación contará este domingo coa participación de 270 corredores

- Anuncio -

Maceda acolle este domingo, día 27 de novembro, o XV Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación, unha competición que contará coa participación de 270 corredores entre as diferentes categorías.

A sala de prensa da Deputación acolleu esta mañá unha reunión de presentación desta proba, na que estiveron o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o alcalde de Maceda, Rubén Quintas; a vicepresidenta do Clube Ciclista Maceda, Elena González; o director técnico do Clube Ciclista Maceda e organizador da proba, Xulio Conde; e o presidente de honra do Clube Ciclista Maceda, Francisco Nóvoa.

Entre os 270 inscritos para esta cita, tamén puntuable para a Copa Galicia de Ciclocrós, destaca a presenza de corredores como Iván Feijóo, Saúl López, Brais Sendín, Sarela Conde e Iris Fernández.

O XV Ciclocrós Castelo de Maceda – Copa Deputación comezará ás 10,00 horas nun circuíto de 2.600 metros deseñado e montado nos arredores do Castelo de Maceda, tendo como punto de saída e de meta o IES San Mamede. Ademais, unha das novidades desta edición é a disputa dunha proba de inclusión, onde participarán rapaces e rapazas con diversidade funcional

Relacionadas

A rúa Marcelo Macías estará pechada ao tráfico por obras desde o luns, no...

0
Os condutores disporán como itinerarios alternativos as rúas Camiño Romano, cara o Polvorín e o Camiño dos Ponxos, cara Barbadás Un tramo da rúa Marcelo...

A Xunta apoia a Festa do comercio local Veranear de Ribadavia no marco das...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu este serán á Festa do comercio local Veranear de Ribadavia, apoiada pola Xunta no...

Luis Menor, proclamado único candidato á presidencia do PP de Ourense

0
A comisión organizadora do 19º Congreso provincial extraordinario do Partido Popular de Ourense acordou hoxe por unanimidade proclamar a Luis Menor como único candidato...

Presentación do catálogo da exposición de Xaime Quesada Blanco: 1975-2006 A fugacidade do tempo

0
Esta mañá tivo lugar na Sala Valente a presentación do catálogo da exposición que, desde o día 9 de maio, se pode visitar neste...

O concelleiro Antonio Fernández asiste aos actos conmemorativos do 40 aniversario do edificio da...

0
Esta mañá tivo lugar o acto conmemorativo do 40 aniversario da inauguración do edificio da Comisaría Provincial de Ourense. O acto desenvolveuse na terraza cuberta...

Máis de 50 equipos disputarán mañá no Pazo Paco Paz o “3x·DepOUrense” que impulsan...

0
Haberá partidos durante toda a xornada, en categorías premini, mini, infantil, cadete, junior e senior. Durante as 11 horas de competición, tamén haberá actividades...

Publicacións Relacionadas