Home Verín Oímbra Oímbra festexa a fin da vendima coa recreación do prensado nos lagares...

Oímbra festexa a fin da vendima coa recreación do prensado nos lagares rupestres

- Anuncio -

A sala de prensa da Deputación acolleu a presentación deste festexo que recrea unha tradición secular da viticultura de Oímbra, tal e como explicaron a alcaldesa, Ana Villarino; e o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández

“A Deputación está sempre ao carón da recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial da provincia, e bo exemplo é este evento festivo que o domingo 24 de setembro unirá tradición e cultura do viño en Oímbra”, sinala Rosendo Fernández

O municipio de Oímbra sempre estivo ligado á viticultura, chegando a ser unha potencia desde hai séculos, tal e como testemuña a maior concentración de lagares rupestres catalogados que existen en Galicia, contabilizándose máis de 20. Esas estruturas, xa desde a época medieval, amosan a tradición da vinificación nas propias viñas, e como logo se transportaba o viño cara as adegas. Baixo estes parámetros, o Concello de Oímbra organiza desde 2018 a “Recreación do Prensado nos Lagares Rupestres”, só interrompida durante os anos 2020 e 2021 por mor da pandemia.

Así, o explicou a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, durante a presentación desta recreación festiva que tivo lugar na sala de prensa da Deputación, e na que estivo acompañada polo deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, quen salientou que “a Deputación está sempre ao carón da recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial da provincia, e bo exemplo é este evento festivo que o domingo 24 de setembro unirá tradición e cultura do viño en Oímbra”.

“A Recreación do Prensado nos Lagares Rupestres” comezará co tradicional pisado de uvas (en tempos, só pisaban os homes, pero agora tamén o fan as mulleres) no lagar de Xan Preto, onde o Concello de Oímbra realizou unha réplica de prensa en madeira, transportando logo o viño resultante nun “carrillo” tirado por un “macho” (un equino así coñecido na zona), levando así os cántaros para encher os pipotes na adega, que estará no Lagar das Barrocas. Está previsto que se pisen uns 600 quilogramos de uva, das variedades godello, treixadura e dona branca. Tras facer toda a recreación, terá lugar a festa con todos os veciños e participantes, festexando deste xeito a fin da vendima.

Relacionadas

Luis Menor aposta por consolidar a colaboración en materia de Emerxencias e Protección Civil...

0
O presidente provincial comprométese a continuar a colaboración da Deputación coas agrupacións de voluntarios de Protección Civil, mantendo as axudas implementadas en 2024 para...

O PP de Ourense reclama ao Estado que remate coa “inacción” na axuda aos...

0
Os membros da Vicesecretaría, que preside Antonio Rodríguez Miranda, planificaron a actividade a desenvolver en 2025, co obxectivo de realizar un estreito seguimento  da...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

Luis Menor defende “a innovación” que lle imprime a Deputación ao traballo realizado para...

0
Como exemplo do afán innovador da institución provincial, Menor avanzou que mediante un acordo con ADIF abrirase a primeira oficina de información sobre termalismo...

A Deputación colabora coa editorial Galaxia cunha exposición que porá en valor espazos literarios...

0
A institución ourensá coopera co programa de actividades da editorial para conmemorar 75 anos de compromiso coa cultura e a literatura galegas A mostra, que...

Deputados do PP de Ourense e León reiteran a esixencia ao Goberno de licitar...

0
Comezou 2025 e na primeira quincena de xaneiro, os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana e as deputadas leonesas...

Publicacións Relacionadas