Home O Ribeiro Cortegada Os alcaldes de Cortegada, Vilamarín e a rexedora de Vilariño de Conso...

Os alcaldes de Cortegada, Vilamarín e a rexedora de Vilariño de Conso formulan a Luis Menor iniciativas en termalismo, espazos culturais e vivenda

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense recibiu hoxe no Pazo Provincial a Avelino de Francisco; Amador Vázquez e Melisa Macía, continuando así a rolda de entrevistas cos rexedores da provincia para explicar as súas liñas estratéxicas de goberno e escoitar os proxectos e demandas que formulan os mandatarios locais

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos alcaldes de Cortegada, Avelino de Francisco; Vilamarín, Amador Vázquez; e maila alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, continuando así a rolda de entrevistas cos rexedores da provincia para explicar as súas liñas estratéxicas de goberno e escoitar os proxectos e demandas que formulan os mandatarios locais.

O alcalde de Cortegada explicou a Luis Menor os plans do seu equipo de goberno en materia de termalismo, un dos principais recursos do concello á hora da súa explotación económica e turística. A colaboración coa Deputación no uso de espazos culturais foi un dos temas tratados entre o presidente provincial e o rexedor de Vilamarín, que solicitou o uso do Pazo de Vilamarín para a celebración de actividades organizadas polo concello.

Melisa Macía, entre tanto, pediu a Luis Menor a cooperación da institución provincial para executar un proxecto de rehabilitación de oito vivendas en Vilariño de Conso, dentro dos seus obxectivos de fixación de poboación no rural.

Menor continuará ao longo dos próximos días coa súa axenda de reunións cos alcaldes, combinando os encontros no Pazo Provincial con visitas aos concellos para coñecer o resultados dos investimentos realizados pola Deputación.

Relacionadas

A Deputación destina preto de 500.000 euros a obras en diferentes municipios da provincia

0
Allariz, Boborás, Cortegada, Lobios, A Merca, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, San Xoán de Río e Castrelo de Miño recibirán as achegas para...

Luis Menor compromete o apoio da Deputación para dar pulo á FP, poñendo a...

0
O presidente do goberno provincial así o anunciaba hoxe durante a presentación do programa Innovatech FP da Xunta de Galicia, no Centro Galego de...

O alcalde inaugura as obras de acondicionamento e mellora das rúas Valle Inclán, Ramón...

0
Completan a remodelación de 6 rúas do centro da cidade, cun investimento total de 2,2 millóns de euros “É unha grande mellora do centro da...

Luis López inaugura a senda peonil do Foxo Vello, en Mos, na que a...

0
O presidente da Deputación completou parte dun itinerario que ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e potenciar a mobilidade peonil na contorna do...

Esgotadas as prazas para a sexto ruta ornitolóxica “Voando nas Rías Baixas” no Esteiro...

0
A andaina gratuíta para a observación de aves que se desenvolverá no concello da Guarda terá lugar o próximo día 8 de outubro En menos...

Máis de 100 persoas xubiladas da provincia comezan esta semana novos obradoiros de “Depo...

0
As actividades formativas deste programa co que a Deputación está a promover o envellecemento activo e a independencia das persoas maiores na provincia comezan...

Publicacións Relacionadas