O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o alcalde de Coles, Manuel Rodríguez Vázquez asinaron esta mañá no salón de plenos o convenio de cooperación entre ambos municipios para a prestación, ao Concello de Coles, do servizo de saneamento e depuración das augas residuais que se recollan na infraestrutura de conexión na Nacional 525 prevista no convenio de cooperación entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o Concello de Coles e o Concello de Ourense.