O Concello de Ourense lembra que os autobuses urbanos funcionarán con servizos mínimos mañá, xoves, día 28, e pasado mañá, venres, 29 de novembro, a causa da folga de ámbito estatal do sector de transporte.
Así, prestarase servizo cun 1 vehículo en cada unha das liñas do servizo municipal 1-2-3-4-5-9- 10-11A-11B-12-13A-13B-14-15-16-C17-18-20-21-22-26-27-33, e con 2 vehículos nas liñas 6 e 7. A liña 19 interromperá o servizo.
Segundo establece o decreto de servizos mínimos, garantirase o último e o primeiro horario de cada servizo. Os traxectos dos servizos mínimos realizaranse de forma completa.
Para o resto de persoal da empresa concesionaria, en inspección o servizo mínimo será do 100%, en taller de polo menos o 75%, tanto mecánicos como lavacoches, e en administración do 75%.
A folga de ámbito estatal do sector de transporte prevía paros (xa celebrados) os días 28 de outubro e 11 de novembro máis os que se desenvolverán mañá e pasado mañá, 28 e 29 de novembro, o 5 de decembro e o 9 de decembro, con duración indefinida a partir do 23 de decembro.