Home Ourense Os candidatos populares reafirman o seu compromiso co impulso á creación da...

Os candidatos populares reafirman o seu compromiso co impulso á creación da nova estación ferroviaria de mercadorías no Polígono de San Cibrao “fronte a inacción de Sánchez”

- Anuncio -

Os candidatos ourensáns do PP ao Congreso e ao Senado mantiveron esta mañá un encontro coa directiva da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas

“O compromiso do PP coa industria, as empresas e a creación de emprego é absoluto. Coñecemos de primeira man a importancia da estación de ferroviaria de mercadorías, acompañamos á sociedade civil na reivindicación deste proxecto fronte a desidia do Goberno e a partir do 23 de xullo poderemos, por fin, comezar a facelo realidade”

Os populares compararon o compromiso demostrado da Xunta de Galicia coa ampliación do Polígono de San Cibrao fronte a “completa pasividade” do Goberno de Pedro Sánchez ante un “proxecto fundamental para o desenvolvemento da provincia de Ourense”

Os candidatos ourensáns do Partido Popular ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais do 23 de xullo mantiveron esta mañá un encontro coa directiva da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, encabezada polo seu presidente, José Antonio Rodríguez Araújo.

Os candidatos do Partido Popular ao Congreso -Ana Belén Vázquez, Celso Delgado e Miguel Ángel Michinel- e ao Senado -Carmen Leyte e Rosa Sánchez-, acompañados pola alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, destacaron na xuntanza coa directiva o peso específico deste polígono -o de maior superficie de Galicia- con máis de 400 empresas instaladas e 8.000 postos de traballo. Ademais, nas súas inmediacións sitúanse outros polígonos empresariais como o de Pereiro de Aguiar, o Parque Tecnolóxico de Galicia e a Zona Comercial de Barreiros.

A pesar deste gran potencial industrial, o Polígono de San Cibrao das Viñas só dispón dun cargadoiro ferroviario que da servizo exclusivamente a unha gran empresa agroalimentaria. E por iso, explican os populares, “faise moi necesaria o que é unha reivindicación constante dende hai anos: a construción dunha nova estación ferroviaria de mercadorías que permita a intermodalidade e aumente a competitividade das empresas”.

Esta reivindicación está promovida pola asociación de empresarios do Polígono de San Cibrao e está secundada polos concellos, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, ademais de contar cun forte respaldo empresarial e de partidos políticos e sindicatos.

Compromiso do PP fronte á inacción do Goberno de Pedro Sánchez

Na reunión, os candidatos populares reafirmaron o seu compromiso co impulso á creación da nova estación ferroviaria de mercadorías fronte á inacción do Goberno de Sánchez, que en xaneiro de 2020, á pregunta dos deputados Celso Delgado e Ana Belén Vázquez, respondía que “no hay previstas a corto/medio plazo actuaciones para el establecimiento de una terminal de transporte de mercancías en el polígono industrial referenciado”.

En 2021, lembraron hoxe, aprobouse na Cámara Baixa a instancia dos deputados do Partido Popular unha proposición non de Lei que reclamaban a construción desta infraestrutura baixo os seguintes términos:

“El Congreso de los Diputados insta al Gobierno de España, y más en concreto al Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana a que acuerde la redacción del proyecto de una nueva estación ferroviaria de mercancías en el Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, en la provincia de Ourense”.

“Un proxecto fundamental para a provincia de Ourense”

Os populares compararon o compromiso da Xunta de Galicia coa ampliación do Polígono de San Cibrao fronte a “completa pasividade” de Sánchez ante un “proxecto fundamental e estratéxico para o polígono e o propio desenvolvemento da provincia de Ourense”.

“O compromiso do Partido Popular coa industria, as empresas, o emprendemento e a creación de emprego é absoluto. Coñecemos de primeira man a importancia da estación de ferroviaria de mercadorías, acompañamos á sociedade civil na reivindicación deste proxecto fronte a desidia do Goberno e a partir do 23 de xullo poderemos, por fin, comezar a facelo realidade”.

Dar servizo ás empresas e liberar espazo na estación Ourense-Empalme

Con esta nova instalación, para a que hai chan dispoñible preto da vía férrea, poderíase dar servizo ademais da gran empresa antes mencionada a outras de diferentes sectores: automoción, madeireiro, aceiteiro… Ademais, explican, cabería pensar en trasladar aquí os contedores de lixo de Sogama que se transfiren hoxe do camión ao tren na estación de Taboadela.

A construción desta nova estación no Polígono, permitiría que Adif puidese liberar na estación Ourense-Empalme a zona de depósito e carga que está claramente infrautilizada e ocupando unha inxente cantidade de metros cadrados, ao trasladar esas instalacións á citada área industrial.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Mundial da Infancia 2024

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira, acompañado de representantes de diferentes grupos políticos municipais, deu lectura á declaración institucional “Un día para avanzar no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

Luis Menor convida á cidadanía a unirse aos 16 días de activismo da Deputación...

0
O presidente provincial anunciou a campaña no ámbito educativo a través da acción “ÚNETE-Eu non calo” na inauguración dunha exposición cos traballos recibidos no...

Publicacións Relacionadas