Home Ourense Os deportistas ourensáns, Xan Somoza e Víctor López, convocados pola Federación Española...

Os deportistas ourensáns, Xan Somoza e Víctor López, convocados pola Federación Española de Volei Praia

- Anuncio -

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome xunto co concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, recibiron esta mañá a Xan Somoza e Víctor López, deportistas ourensáns convocados a unha supervisión para entrar a formar parte da concentración permanente da selección española de volei praia. Na recepción estiveron acompañados polo seu adestrador Alex Prada.

Durante os días 12, 13 e 14 de abril, os dous xogadores do Ourense Volei Praia, estarán concentrados no Centro Internacional de Volei Praia en Lorca, Murcia, para realizar adestramentos baixo a supervisión do seleccionador nacional da súa categoría.

Estes mozos ourensáns son os únicos galegos que forman parte da listaxe exclusiva de 12 xogadores de toda España que foron chamados a participar nesta supervisión. O obxectivo deste encontro é conformar a listaxe final da concentración permanente da selección española sub 18 de volei praia.

Esta participación supón un gran logro para este dous mozos ourensáns e un recoñecemento a todo o traballo que, tanto eles como os seus compañeiros, veñen realizando da man e baixo a guía do Club Ourense Volei Paia.

Relacionadas

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

Publicacións Relacionadas