HomeOurenseOs deputados do PP de Ourense demandan ao Goberno de Pedro Sánchez...

Os deputados do PP de Ourense demandan ao Goberno de Pedro Sánchez explicacións sobre o intolerable abandono e os enormes atrasos dos tramos da autovía Ourense-Lugo A-56

- Anuncio -spot_img

• Denuncian que 42 meses despois o MITMS segue sen licitar o novo contrato para redactar o proxecto do tramo Sanmartiño-Cambeo


• E que a redacción do proxecto de construción do tramo A Casa-Cambeo leva 34 meses de atraso


• “Non imos consentir que o Goberno deixe sen licitar as obras do segundo tramo do Variante Norte entre Quintela e A Casa” afirma o deputado Celso Delgado


• Lembran que o 16 de febreiro de 2026 cumpriranse 3 anos e 5 meses desde que se puxo a primeira pedra do primeiro tramo do Variante Norte entre Eirasvedras-Quintela, as obras avanzan cansinamente e o Goberno é incapaz de comprometer unha data de finalización

Os deputados populares ourensáns no Congreso, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, rexistraron o pasado 10 de febreiro unha nova batería de preguntas parlamentarias dirixidas o Goberno de Pedro Sánchez interesándose unha vez máis polos tramos ourensáns da autovía Ourense-Lugo A.56, a maioría con enormes atrasos ou simplemente abandonados polo Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible (MITMS)

TRAMO CAMBEO- SANMARTIÑO
Denuncian os deputados o abandono e a indolencia do MITMS en relación co impulso deste fundamental tramo que daría funcionalidade ao único tramo aberto ao público que é o da Barrela-Sanmartiño (8,8 km). A conexión coa N-525 en Cambeo (Coles) é fundamental e por iso é insistentemente demandada pola plataforma de impulso da autovía Ourense-Lugo, integrada por empresarios e alcaldes dos concellos ourensáns e lucenses afectados.
Lembran que na pasada XIV Lexislatura, o 6 de febreiro de 2023 o Goberno respondeu unha pregunta parlamentaria sobre a situación administrativa deste tramo e dixo que “se atopa redactado ata a fase de proxecto de trazado, realizándose o outubro de 2021 o preceptivo informe de auditoría de Seguridade viaria. Pero que “debido ao incumprimento das obrigacións da empresa consultora redactora do proxecto en canto á realización dos traballos, o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana procedeu en xullo de 2022 a tramitar a resolución do contrato” e engadiu que “en canto se produza a resolución do citado contrato o Ministerio de Transportes, procederá á licitación dun novo contrato de servizos para proseguir coa redacción do Proxecto”

O certo é que transcorrendo xa 42 meses desde a resolución do anterior contrato, o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible segue sen licitar un novo contrato de servizos para proseguir coa redacción do proxecto deste tan necesario tramo.

E por iso os deputados preguntan:

Por que razóns o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, 42 meses despois da resolución do anterior contrato, non licitou aínda o novo contrato de servizos para a redacción do proxecto do tramo Cambeo- Sanmartiño da Autovía A-56?

Comprométese o MITMS a licitar no primeiro semestre de 2026 o novo contrato de servizos para a redacción do proxecto do tramo Cambeo- Sanmartiño da Autovía A-56, que é esencial para dar continuidade ao tramo xa en servizo entre A Barrela e Sanmartiño?

TRAMO A CASA – CAMBEO

Denuncian os deputados que transcorrendo xa máis de 34 meses desde a aprobación do expediente de información pública e do proxecto de trazado aínda o MITMS segue sen concluír a redacción do citado Proxecto de construción deste tramo de 8,5 km.

Lembran que o 30 de marzo de 2023 o BOE publicou o anuncio do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (MITMA) de aprobación do expediente de información pública e do proxecto de trazado do tramo da autovía A-56 entre Ourense (A Casa) e a ligazón de Cambeo, na provincia de Ourense.
Nunha nota informativa do MITMA dicíase que “as obras do tramo contaban cun orzamento estimado de 129,5 millóns de euros (IVE incluído), e que, tras a análise das alegacións presentadas e informes recibidos no trámite de información pública, xa se estaba redactando o proxecto de construción e que unha vez aprobásese procederíase á licitación das obras”.
E por iso preguntan:

Como pode explicar o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible que levemos esperando máis de 34 meses a que teña lugar a aprobación definitiva do proxecto de construción do tramo Ourense (A Casa) – Cambeo da Autovía A-56 (Ourense-Lugo)?

En que mes do primeiro trimestre de 2026 o Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible aprobará definitivamente o proxecto de construción do tramo Ourense (A Casa) – Cambeo da Autovía A-56 (Ourense-Lugo) que é o paso previo á licitación das obras?

TRAMO QUINTELA- A CASA

Denuncian os deputados o absoluto desinterese do Goberno socialista por desenvolver o segundo e último tramo do variante norte de Ourense (3,1 km) que é esencial para que teña funcionalidade esta circunvalación. Transcorreron xa 25 meses desde a aprobación provisional e o Goberno segue sen dar data de aprobación definitiva do proxecto de construción nin tampouco compromete data algunha de licitación de obras

Lembramos que o BOE do 28 de decembro de 2023 publicou o Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia polo que se daba conta da Resolución do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible pola que se aprobaba provisionalmente e ordenábase a incoación do expediente de Información Pública e Oficial do proxecto de construción deste tramo.
E ademais, declarábase a urxencia do proxecto en aplicación do previsto no artigo 12.2 da Lei 37/2015, do 29 de setembro, de Estradas, modificada por Real Decreto-lei 18/2018, do 8 de novembro, polo que o presente trámite tería o carácter de información pública previa á declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto.
Carece de xustificación que para un tramo de tan só 3,1 Km, o MITMS estea a tardar xa máis de dous anos en aprobar de forma definitiva o proxecto construtivo.
Desde logo a sociedade ourensá non vai consentir que o variante Norte de Ourense quede limitada ao tramo Eirasvedras-Quintela, que por certo acumula un atraso monumental.
E por iso preguntan:
En que data de 2026 será aprobado de forma definitiva polo Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible o proxecto de construción, Autovía A-56, Lugo-Ourense. Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de Quintela coa N-120 na súa p.k. aprox. 572+000 – ligazón da Casa coa N-525 na súa p.k. 241+200?
En que data de 2026 serán licitadas polo Mitma as obras do citado tramo da Variante de Ourense. Tramo: Ligazón de Quintela coa N-120 na súa p.k. aprox. 572+000 – ligazón de Casa coa N-525 na súa p.k. 241+200?”

TRAMO EIRASVEDRAS- QUINTELA

Denuncian os deputados que o MITMS segue sen informar sobre a porcentaxe de execución das obras, nin sobre a suma abonada á adxudicataria, nin sobre o comezo das obras singulares do tramo nin tampouco deu unha data estimatoria de conclusión das obras. Un desprezo aos parlamentarios que representamos aos ourensáns que teñen todo o dereito a coñecer o estado das obras públicas que se pagan con cargo ao erario.
A triste realidade é que o 16 de febreiro de 2026 cumpriranse 3 anos e 5 meses desde que o 16 de setembro de 2022 a entón secretaria de Estado de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Beira, nun acto oficial – acompañado do Delegado do Goberno en Galicia e só cargos socialistas- colocou o fito conmemorativo do primeiro tramo do Variante Norte de Ourense, A-56 entre Eirasvedras e Quintela.
As obras comezaran oficialmente o 17 de xuño de 2022 e foron adxudicadas polo MITMA o 9 de marzo de 2022 á UTE COPASA – Ferrovial por 29,3 millóns de euros. A duración do contrato era de 30 meses. Pero a realidade é que despois de enormes paralizacións houbo que esperar 28 meses, ata outubro de 2024 para ver as primeiras máquinas realizando movementos de terras.
Segundo as nosas noticias a data de hoxe as obras seguen en execución, realizáronse movementos de terras, compactación dinámica do terraplén adxacente á vía de ffcc Ourense-Vigo, o tablestacado de protección do terraplén e diversas modificacións de servizos. Pero certamente non ven grandes avances nin que comezasen as obras mais singulares do tramo.
Resulta enormemente preocupante a lentitude coa que avanzan estas obras de tan só 1,7 km de lonxitude e a falta de expectativas de conclusión e todo indica que a este ritmo tampouco concluirán en 2026
En definitiva o Goberno Pedro Sánchez acredita o seu desinterese en impulsar o Variante Norte a pesar da importancia que ten para a cidade de Ourense, posto que unha vez executada solucionaría os problemas dá alta intensidade de tráfico que existen e posibilitaría o proxecto municipal de conversión do tramo liberado da N-120 nun boulevard termal, tan ansiado polos ourensáns.

E por iso preguntan
Despois de tres anos e cinco meses desde a colocación da primeira pedra do “Variante Norte de Ourense. Tramo: Ligazón de Eirasvedras coa N-120 na súa p.k. 573,800 – Ligazón de Quintela coa N-120 na súa p.k. 572,000, en que data estima o MITMA que concluirán as obras?
A data de resposta cal é a porcentaxe de execución das citadas obras?
A data de resposta a canto ascenden as sumas xa abonadas á UTE adxudicataria polas citadas obras?
Comezaron xa neste tramo os traballos das súas obras singulares, un viaduto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos – Vigo (Viaduto de Quintela), unha nova ponte sobre o Río do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo un dos ramais da ligazón de Quintela, que permitirá o cruzamento deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos– Vigo?”

Publicacións Relacionadas