HomeOurenseOurenseOs novos radares activaranse nas próximas horas

Os novos radares activaranse nas próximas horas

- Anuncio -spot_img

Os novos radares instalados polo Concello de Ourense para controlar a velocidade en diferentes zonas da cidade activaranse nas vindeiras horas, e incluirán a imposición das correspondentes sancións a aqueles condutores e condutoras que excedan os límites establecidos.

O dispositivo instalado polo Concello consta, en total, de 9 cinemómetros, que levan funcionando desde hai semanas de forma experimental.

O goberno municipal apela á colaboración cidadá para que a implantación deste dispositivo contribúa aos obxectivos de pacificar o tráfico na cidade, incrementar a seguridade viaria e evitar accidentes.

Publicacións Relacionadas