Home Ourense O Carballiño Os Socialistas denuncian que o concello de O Irixo paga preto de...

Os Socialistas denuncian que o concello de O Irixo paga preto de 30 mil euros anuais por vertidos os rios e a non legalización das fosas sépticas de saneamento dos pobos do Irixo que o teñen

- Anuncio -

INSTAN O GRUPO DE GOBERNO PARA A LEGALIZACIÓN, MANTEMENTO E LIMPEZA DAS FOSAS SÉPTICAS DE SANEAMENTO DOS POBOS DO IRIXO QUE O TEÑEN EVITANDO ASÍ O PAGOS DAS SANCIONS ANUAIS A CHMS

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presenta unha moción para ser tratada no próximo Pleno da Corporación, PARA A LEGALIZACIÓN, MANTEMENTO E LIMPEZA DAS FOSAS SÉPTICAS DE SANEAMENTO DOS POBOS DO IRIXO QUE O TEÑEN EVITANDO ASÍ O PAGOS DAS SANCIONS ANUAIS A CHMS.

Que xa o pasado 8 de setembro de 2017 e o 9 de xullo de 2021, os socialistas presentamos e levamos o pleno sendas mocións para DOTAR DE SANEAMENTO OS MÁIS DE 30 POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN, case 5 anos despois O Irixo segue con esta gran deficiencia dun servizo básico tan importante, xa que O Irixo na actualidade ten case a metade dos núcleos de poboación sen servizo de saneamento, algún incluso sen abastecemento de auga corrente.

Que dos pobos do Irixo que si teñen o servicio básico de saneamento, este e na súa maioría é totalmente deficiente. Mal executado, outras incompleto, as súas fosas sépticas non están legalizadas e/ou non cumpren ca legalidade e en case tódolos casos a falta de mantemento e limpeza e unha constante.

O servizo e deficiente, non existe un control e plan de limpeza de baleirados de fosas sépticas e lodos, e na maioría dos casos estes verten incontroladamente a silveiras ou os propios rios do Irixo.

A ilegalidade dos poucos saneamentos dos pobos do Irixo, fai que todos los anos o Concello deba pagar a Confederación Hidrográfica Miño Sil, preto de 30 mil euros do orzamento municipal en sancións a conca hidrográfica, que se levan pagando durante anos, diñeiro publico que se podería ter invertido en dotar a case metade dos pobos do Irixo do saneamento que non teñen en pleno século XXI.

En pleno século XXI o goberno municipal non e capaz de legalizar e acometer estes servicios básicos para a súa veciñanza, pero si se anuncian obras e proxectos para atraer os de afora O Irixo mentres non se fai nada por mellorar a vida polos que residen dentro do Irixo.

Por todo o manifestado, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:

1º.- Que o Concello de O Irixo mediante unha modificación de crédito habilite unha partida orzamentaria para poñer en marcha cos seus propios medios e/ou a axuda de outras administracións (Xunta e Augas de Galicia, fondos europeos, etc…) a legalización das fosas sépticas dos pobos que si teñen saneamento que evite o pago anual de sancións a CHMS.

2º.- Que se acometa un plan de mantemento e limpeza de baleirados de fosas sépticas e lodos, evitando que na maioría dos casos estas vertan incontroladamente a silveiras e os rios do Irixo.

3º.- Que se fagan as xestións necesarias para cumprir os acordos plenarios das mocións socialistas presentadas e levadas os plenos para DOTAR DE SANEAMENTO A CASE A METADE DOS POBOS DO IRIXO QUE NON TEÑEN presentadas polos socialistas e que case 5 anos despois o grupo de goberno nada fixo.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas