Os traballos de reparación da máquina do tren requirirán pechar ao tráfico o treito final da rúa Xesús Pousa, nas inmediacións da locomotora durante o día de mañá, sábado, 25 de outubro. O corte realizarase para permitir a instalación dunha carpa de protección que cubrirá a máquina mentres se executan os traballos de restauración.
Os vehículos que circulen pola rúa Xesús Pousa cara á rúa Gómez Franqueira deberán desviarse pola rúa San Froilán, agás os autobuses, que poderán manter o seu itinerario habitual. En sentido contrario, tanto os vehículos particulares como os autobuses deberán circular pola Avenida das Caldas e Basilio Álvarez. O tráfico habitual restablecerase o domingo, 26 de outubro.
A reparación da locomotora 240 -2072, tipo Mastodonte para a súa exposición estática na rúa Xesús Pousa é un proxecto que desenvolve o Concello de Ourense cun orzamento de licitación de 192.566,41 euros.



