Ourense celebra o Día Internacional das Mulleres 2024 co lema “Todas somos diferentes”, e unha programación de actividades que se estenderán durante as próximas semanas

adminON
Lectura mínima de 3

A Concellería de Igualdade organiza un acto institucional, a entrega do Premio Clara Campoamor, unha exposición, actividades para estudiantes (teatro, contacontos, cluedo e Scape room) e obradoiros de sexualidade para as ANPAs

O Concello de Ourense celebra o 8-M, Día Internacional das Mulleres 2024 cunha programación de actividades co lema “Todas somos diferentes” que se desenvolverán durante as vindeiras semanas. A carreira da muller do pasado domingo foi a primeira das citas que se sucederán na cidade, ás que se sumarán nos próximos días un acto institucional no salón de plenos, a entrega do XVIII Premio Clara Campoamor ao grupo The Tetas´ Van, unha charla, actividades para estudantes de diferentes ciclos formativos, como unha exposición, teatro, contacontos, un cluedo e un Escape Room; e obradoiros de sexualidade para asociacións de nais e país. Estas son as propostas:

DOMINGO, 3 DE MARZO

Carreira da Muller

MARZO E ABRIL

Exposición: FLORA, ou a educación dunha nena na sociedade tradicional, no edificio de ferro da Facultade de Educación e Traballo Social

MÉRCORES, 6 DE MARZO.

Obra de teatro Insubmisa, no Auditorio, ás 11.30 h, para alumnado de 4º da ESO e Bacharelato

XOVES, 7 DE MARZO

Charla de mulleres en Mur Marxinal, de 19.00 a 21.00 h. Actuación musical con Cristina Eiró e María Mendoza

VENRES, 8 DE MARZO

Lectura de manifesto, no salón de plenos do Concello, ás 11.00 h

VENRES, 8, A DOMINGO, 10 DE MARZO

Iluminación da Ponte Vella e da fonte de Concepción Arenal con motivo do Día Internacional das Mulleres 2024.

LUNS, 11 DE MARZO

Entrega do XVIII Premio Clara Campoamor, no Liceo de Ourense, ás 20 h.

LUNS, 18 DE MARZO

Obradoiro de educación sexual para familias de Primaria, no CIMM, de 17.00 a 19.00 h

MARTES, 19 DE MARZO

Obradoiro de educación sexual para familias de Secundaria, no CIMM, de 17.00 a 19.00 h

Outras actividades nos centros educativos serán os contacontos teatralizados O tesouro, de Trécola Teatro, desde o día 11 de marzo, para alumnado de 3 a 11 anos; o xogo Cluedo pola Igualdade, a cargo de Yuka, desde o día 12, en varios colexios para alumnado de 5º e 6º de Primaria e o Escape Room Estrelas, de Territorio Comanche, desde o día 21, para alumnado de Secundaria

Comparte este artigo