HomeOurenseOurenseOurense celebrará mañá a Noite de Medo, cunha morea de actividades, música...

Ourense celebrará mañá a Noite de Medo, cunha morea de actividades, música e espectáculos para todos os públicos

- Anuncio -spot_img

Haberá obradoiros infantís, túnel do terror, desfile, “Chaoioso de Medo”, concertos de Oviravai e Heredeiros da Crus e unha sesión especial da Gramola

A celebración requirirá pechar ao tráfico desde as 11.00 horas a rúa do Progreso, desde a glorieta de San Rosendo até a baixada á Alameda.

O Concello de Ourense organizará mañá a Noite de Medo 2025, unha das citas máis agardadas do calendario festivo da cidade e xa consolidada como referente do Halloween a nivel nacional. A programación reúne unha morea de propostas para o público infantil e adulto, con animación de rúa, música en directo, un desfile e diferentes espectáculos que converterán a cidade nun divertido escenario de terror.

Haberá obradoiros de cabazas e maquillaxe para a cativada, túnel do terror, desfile, un concerto infantil e o espectáculo “Chaioso de Medo”. O broche final será o concerto do grupo de rock galego Heredeiros da Crus, seguido dunha sesión especial da Gramola, que prolongará a festa até a madrugada. Para asistir á sesión da Gramola, será obrigatorio levar disfrace.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

17.00 – 19.45 h Obradoiro de Cabazas

Lugar: Parque de San Lázaro

17.00 – 19.45 h Obradoiro de Maquillaxe

Lugar: Parque de San Lázaro

18.00 – 23.00 h Túnel do Terror

Lugar: Praza do Bispo Cesáreo

19.00 – 19.45 h Desfile de Halloween.

Itinerario: Parque de San Lázaro, rúa do Paseo, Praza Maior

Desde as 19.45 h Animación de rúa

Lugar: zona dos Viños

20.00 – 21.00 h Concerto infantil Oviravai

Lugar: Praza Maior

20.00 – 23.00 h Animación “Chaioso de medo”

Lugar: Praza Maior e rúa de Santa Eufemia

23.00 – 00.45 h Heredeiros da Crus

Lugar: Rúa do Progreso

00.00 – 3.00 h A Gramola Especial Halloween. (Obrigatorio levar disfrace)

Lugar: Praza Maior

Dispositivo de tráfico

A programación de actividades requirirá pechar ao tráfico desde as 11.00 horas a rúa do Progreso, no treito que vai desde a glorieta de San Rosendo até a baixada á Alameda.

A partir das 13.30 horas só se permitirá acceder desde a rúa da Concordia á rúa do Paseo ás persoas residentes e usuarias de garaxes.

A rúa do Paseo pecharase totalmente ao tráfico desde as 19.00 até que remate o desfile.

As demais vías afectadas, a maioría delas na zona peonil do centro histórico estarán pechadas ao tráfico desde as 17.00 horas.

Autobús urbano

Como consecuencia do corte de tráfico na rúa do Progreso, os autobuses urbanos que habitualmente transitan por ela seguirán percorridos alternativos desde as 11.00 até as 5.00 h do sábado, 1 de novembro.

  • En dirección cara ao Xardín do Posío: Xoán XXIII (Abanca) – Rúa Concello – Bedoya – Avenida de Bos Aires – Rúa Xoán de Novoa – Rúa Emilia Pardo Bazán e Rúa Pena Trevinca.
  • En dirección ao Parque San Lázaro:

– Até as 21.00 h (aproximadamente): Xardín do Posío – Alameda – Doutor Fleming – Parada Justel– Progreso (parada provisional Inorde) – Xoán XXIII – Parque San Lázaro.

– Desde as 21.00 h (aproximadamente):  Zona Xardín do Posío- Pena Trevinca – Avenida da Habana e Parque de San Lázaro.

Publicacións Relacionadas