HomeOurenseOurense inaugura un ascensor exterior entre os barrios da Ponte e o Vinteún

Ourense inaugura un ascensor exterior entre os barrios da Ponte e o Vinteún

- Anuncio -spot_img

O alcalde Gonzalo Pérez Jácome e o concelleiro de Obras Públicas Francisco Lorenzo inauguraron unha peza máis do OUrense Horizontal na rúa Vicente Risco para conectar Avda. de Marín e a Avda de Santiago.

O alcalde e o concelleiro de obras públicas, acompañados do equipo de goberno, inauguraron hoxe unha nova peza de accesibilidade vertical, concretamente na rúa Vicente Risco, para conectar a Avda. De Marín e a Avda. de Santiago.Con este elevador vertical sálvase unha diferencia de cota de aproximadamente 7,87 metros, mellorando a accesibilidade e movilidade peonil, dando ademáis solución ao uso da bicicleta que se pode transportar no interior.

Contratista: Extraco, Construccións e Proxectos S.A.

Dirección de obra: José Antonio Gonzalez Meijide (TEMHA S.L.)

Coordinador de Seguridade e Saúde: Roberto Pérez Prol (COORDINA S.L.)

Presuposto de licitación 368.937,03 € (Fondos propios 290.051,30 €, Fondos NEXT 78.885,73 €). O Concello de Ourense aporta el 73% e os fondos europeos, canalizados a través do Estado, un 27%.

O prazo de execución fui de 7 meses sendo outra obra parcialmente subvencionada con fondos Next mediante Orde Ministerial do 17 de xullo de 2023 (BOE nº 175, do 24 de xullo de 2023) concédese ao Concello de Ourense unha subvención para o proxecto Move Ourense II “Mellora de accesibilidad vertical entre la Avenida de Marín e a Avenida de Santiago”.

Trátase do octavo sistema de elevación mecánico vertical de Ourense cidade, 5º ascensor. Todas estas obras foron acometidas polo goberno do alcalde Gonzalo Pérez Jácome.

O Concello de Ourense rebautiza estas obras, denominándoas proxectos do – OUrense HOrizontal -, sustituindo ó anterior Ourense Vertical.

Co impulso de tantos elementos mecánicos, a cidade vólvese máis horizontal para os peatóns.

Publicacións Relacionadas