Home Terra de Celanova Celanova A xestora provincial do PP pon en marcha un novo sistema de...

A xestora provincial do PP pon en marcha un novo sistema de organización comarcal para “mobilizar o partido por todo o territorio”

- Anuncio -

· “Somos un batallón de representantes populares que podemos alcanzar a totalidade da extensión da provincia”, dixo Luis Menor, que lanzou unha encarga: incorporar máis mocidade ao partido

· A coordinación comarcal recaerá no alcalde de Cartelle, José Jaime Sousa, e o portavoz local en Celanova, Pablo Pérez

· Á xuntanza estaban convocados alcaldes, portavoces e concelleiros de dez concellos, ademais de cargos institucionais que representan a esta zona da provincia nas Cortes Xerais, o goberno galego, o Parlamento de Galicia e a Deputación de Ourense

A xestora provincial do Partido Popular de Ourense puxo hoxe en marcha un novo sistema de organización comarcal co que se pretende, en palabras do presidente Luis Menor, “mobilizar o partido por todo o territorio e reforzar a nosa condición de formación política con maior presenza na provincia”.

A primeira das reunións celebrouse esta tarde na sede dos populares de Celanova, coa asistencia de alcaldes, portavoces e concelleiros da Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Quintela de Leirado, Padrenda, Pontedeva, Ramirás e Verea, así como tamén os cargos institucionais que representan a esta comarca e ao conxunto da provincia nas Cortes Xerais, o goberno galego, o Parlamento de Galicia e a Deputación de Ourense. Á cita acudiron ademais afiliados do partido.

Para a coordinación desta asemblea comarcal nomeouse a dous cargos populares: José Jaime Sousa, alcalde de Cartelle, e o portavoz local na vila de San Rosendo, Pablo Pérez.

Luis Menor explicou que este novo sistema de organización é “unha peza máis da engrenaxe do noso partido”, tendo como finalidade implicar a todos os representantes populares nas doce comarcas ourensáns “nun obxectivo tan importante como é seguir sendo o partido con máis apoio e presenza na provincia, o que nos permitirá coñecer mellor o sentir da cidadanía”.

Na constitución da xestora provincial, lembrou Menor, “dixen que quería pisar o territorio; eu xa estou a facelo e agora tócavos a todos vos ter presenza en cada recuncho da comarca”.

Entre alcaldes, portavoces, concelleiros e cargos institucionais “somos un batallón de populares que podemos alcanzar a totalidade da extensión da provincia”, asegurou o presidente da xestora, que pediu a máxima implicación ás portas dunha convocatoria de máxima importancia como as eleccións autonómicas”.

Luis Menor tamén lanzou unha encarga aos presentes para que incorporen máis mocidade ao partido. “Veñen con novas ideas, con máis forza, e nos meus percorridos pola provincia comprobei que desexan ter voz no noso proxecto, e ímoslla a dar”.

Relacionadas

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

O PP de Ourense reafirma co manifesto “Man con man, somos iguais” o seu...

0
· A Vicesecretaría de Política Social dos populares ourensáns recompila nun manifesto os compromisos para promover a inclusión, eliminar barreiras, fomentar a empatía, escoitar...

Os escolares lembran a Eduardo Blanco Amor na tradicional ofrenda floral no cemiterio de...

0
O cemiterio de San Francisco acolleu esta mañá a tradicional ofrenda floral homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco-Amor, ao carón do lugar onde repousan...

A Xunta colabora co concello de Xinzo de Limia no impulso da Praza de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos deste concello ourensán, beneficiario da orde de axudas do Executivo...

Publicacións Relacionadas