O próximo sábado 4 de novembro iníciase a realización do Circuito Galego de Teatro Amador que vai presentar propostas moi variadas e de calidade do teatro Amador, que se fan en toda Galicia.
Iniciase este circuito co grupo organizador Teatrino que presenta a obra “Encaixadas” o 4 de novembro as 19:30 h na sala Manuel María de Barbadás.
Sinopse:
Un grupo de teatro afeccionado formado por mulleres disponse a estrear o seu novo espectáculo. Pero nos 90 min que faltan ata o comezo da función xurdirán os seus medos e os seus anhelos for fuxir das ataduras que as manteñen encaixadas.
Espectáculo redomendado para todos os públicos. Entrada con invitación que se recolle na Casa da Cultura. Dende hoxe luns ata o venres 3 de novembro.