Home Deputacións Deputación Ourense Rubén González, do restaurante “El Cafetín” de Pontevedra, gaña o III Campionato...

Rubén González, do restaurante “El Cafetín” de Pontevedra, gaña o III Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia-Vía da Prata, celebrado no Pazo de Vilamarín da Deputación

- Anuncio -

Organizado en colaboración coa Deputación de Ourense, a través do Inorde, o certame tamén premiou aos cociñeiros Alejandro Martínez e Mar Lago de “BaceLo” de Ferrol co segundo posto do Campionato, e a Paco Gómez do restaurante “A Feira” de Ourense como terceiro clasificado

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, participou hoxe na entrega de premios onde destacou a capacidade deste certame para exhibir a calidade agroalimentaria de Ourense e de Galicia, en canto “á materia prima dos nosos produtos locais, como á extraordinaria destreza aos fogóns que demostraron os nosos chefs”

O cociñeiro Rubén González do restaurante “El Cafetín” de Pontevedra gañou o III Campionato de Tapas e Pinchos de Galicia – Vía da Prata, celebrado estes días no Pazo de Vilamarín, organizado pola Academia da Tapa e do Pintxo de España co apoio da Deputación de Ourense, a través do Inorde, a Xunta de Galicia e patrocinadores privados. Un evento que reuniu a corenta e cinco cociñeiros galegos que competiron polos primeiros postos deste certame. Por primeira vez celebrouse na Vía da Prata, unha das rutas xacobeas ourensás que conta cun excepcional itinerario natural, gran riqueza patrimonial e gastronómica.

O presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, participou hoxe na entrega de premios onde destacou a capacidade deste certame para exhibir a calidade agroalimentaria de Ourense e de Galicia, en canto “á materia prima dos nosos produtos locais, como á extraordinaria destreza aos fogóns que demostraron os nosos chefs”. Así mesmo, valorou o traballo e esforzo realizado durante estes días por todos os participantes.

A segunda mellor tapa de Galicia foi para Alejandro Martínez e Mar Lago de “BaceLo” de Ferrol, mentres que o terceiro galardón quedou na provincia de Ourense co chef Paco Gómez do restaurante “A Feira”.

Recoñecementos especiais

Así mesmo, a organización do Campionato premiou a diversidade das propostas gastronómicas presentadas polos cociñeiros outorgando diversos recoñecementos especiais. A mención especial do xurado foi para Samuel Moreno, do restaurante “O Campanario” de Nogueira de Ramuín. Mentres que, a tapa máis innovadora de Galicia é, segundo o xurado, a creación de Diego Hernán Reyna de “Central Park” de A Coruña.

Continuando cos recoñecementos especiais, o premio á tapa maridaxe con cervexa Estrella Galicia Especial foi para Jesús Recouso de “Kozy Café” de Vigo; o premio á tapa máis sostible foi para Beatriz Alcalá de “La Zapatería del abuelo” de Ourense; o premio á tapa máis tradicional foi para Vicente Castro de “Feroz” de Pontevedra; o premio “HITCOOKING” á estética recaeu en Sheila Barbeito de “Roots” de A Coruña; o premio á mellor tapa con marisco foi para Javier Salgado de “La Tula” de Vigo; o premio Pazo Casanova ao mellor maridaxe con Treixadura foi para Adrián Cid de “Auriga Gastrobar” de Ourense; e o premio Ponte da Boga ao mellor maridaxe con mencía foi para Alejnadro Méndez de “Arrocería os cachivaches” de Lugo.

Xurado

O xurado do certame estivo presidido polo cociñeiro con estrella Michelin Alvar Hinojal e formaron parte del os chefs Palmira Soler, Javier García Albuger e Alberto Villegas, así como o creador de contido Carlos Gómez, chegados de Albacete, Valladolid e Palencia.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas