No marco do Día Internacional das Mulleres (8M), Podemos Ourense presentou un requerimento con medidas concretas para reforzar a loita contra a violencia de xénero e avanzar cara á igualdade.
A Secretaria de Feminismo de Podemos Ourense destacou que “o feminismo foi unha das forzas sociais máis transformadoras dos últimos anos” e que é fundamental que desde as institucións se continúe impulsando políticas que garantan dereitos e combatan as violencias machistas.
A moción presentada propón 20 acordos clave, entre eles:
✅ Actividades municipais de sensibilización durante o mes de marzo. ✅
Avaliación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e dos fondos destinados a este fin.
✅ Reforzo da formación en violencias machistas para o persoal sanitario, xudicial e de seguridade.
✅ Impulso do plan de modernización contra a violencia vicaria e apoio ás crianzas vítimas da violencia de xénero.
✅ Garantía de acceso á interrupción voluntaria do embarazo e medidas contra o acoso nas clínicas.
✅ Implementación efectiva da Lei de Liberdade Sexual e da Lei Trans e LGTBI.
A proposta de Podemos subliña tamén a importancia de políticas de corresponsabilidade nos coidados, así como a necesidade de combater a precariedade laboral e o racismo estrutural.
“Negar a existencia da violencia machista é unha irresponsabilidade democrática”, afirmou a Secretaria de Feminismo de Podemos Ourense, sinalando a preocupación polos discursos reaccionarios que buscan desmantelar dereitos conquistados.
Con esta iniciativa, Podemos Ourense reforza o seu compromiso cunha cidade máis igualitaria e libre de violencias, instando á Corporación Municipal a implementar estas medidas de xeito efectivo.