Home Ourense Ourense será a primeira cidade galega en incorporar autobuses eléctricos ao servizo...

Ourense será a primeira cidade galega en incorporar autobuses eléctricos ao servizo de transporte urbano

- Anuncio -

O alcalde presentou os modelos dos novos vehículos (15 térmicos e 10 eléctricos) que chegarán en primavera

Os buses están deseñados e fabricados ao 100% en Ourense, pola empresa UNVI

A renovación total da flota completarase con outros 15 microbuses

Ourense será a primeira cidade galega en contar con autobuses eléctricos no seu servizo de transporte urbano. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome presentou esta mañá os modelos dos 25 vehículos (15 térmicos e 10 eléctricos) que se incorporarán esta primavera ao servizo municipal. As unidades serán subministradas pola empresa ourensá UNVI. Ao acto asistiron tamén o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha e o xerente da empresa, Javier González. A adquisición destas unidades forma parte da renovación total da flota dos autobuses urbanos, á que o Concello destina un investimento de 14 millóns de euros. Nela se inclúe a compra doutros 15 microbuses, que circularán tamén pola cidade esta primavera.

O alcalde destacou que coa adquisición dos novos vehículos, Ourense contará coa “flota máis moderna de Galicia”, e será ademais “a primera cidade galega en ter autobuses eléctricos, feitos ademais por unha empresa totalmente ourensá, UNVI, que dá emprego a 200 persoas de forma directa en Ourense e a máis de 50 de forma indirecta”. Unha firma, dixo, líder no sector, que xa subministrou os primeiros autobuses 100% eléctricos nos últimos 5 anos a cidades como París, Londres, Bruxelas e Amsterdam.

Pérez Jácome destacou as prestacións técnicas dos novos vehículos en canto a potencia, seguridade, freada ou autonomía (16 horas cunha soa carga), que sitúan Ourense “na vangarda de Galicia”. Os autobuses circularán pola cidade en primavera, sen agardar á adxudicación da próxima concesión do servizo municipal.

Pola súa banda, o xerente de UNVI, Javier González asegurou que para a empresa ourensá “é un orgullo ser profetas na nosa cidade, aportamos uns autobuses cos últimos avances tecnolóxicos que hai actualmente no sector, desde axudas á conducción para os choferes, detección de peóns, freadas de emerxencia, etc”. É un orgullo que a nosa cidade nos sirva tamén de publicidade para vender noutros lares”.

Os autobuses contan coa máxima tecnoloxía embarcada, a máis eficiente do mercado, reducen a pegada de carbono, con cero emisións durante o seu funcionamento e un incremento do confort dos pasaxeiros e dos condutores, así como do resto de cidadáns pola ausencia de ruidos e fumes. As principais características técnicas dos autobuses son:

Sistemas de seguridade para pasaxeiros, condutores e viandantes, de última tecnoloxía. Entre eles:
sistemas de axuda ao condutor con cámaras para alertar de peóns, bicicletas e avisos de angulo morto
sistemas de vixilancia con cámaras
sistemas de detección e extinción de incendios, en zonas de baterías e motores
Pantalla TFT de 12 polgadas para o condutor, con posibilidade de configurar para varios idiomas, informando do grao de condución ecoeficiente do condutor ao instante
Freada rexenerativa adaptativa de ate o 50% de recuperación ás baterías
Freada combinada por pedal de freo e panca ralentizadora en volante, mellorando a ergonomía do condutor
Motores en roda, sen transmisión, de máxima eficiencia, os máis modernos do mercado
Potencia máxima de 400 kW ou 544 CV, o máis potente do mercado
Baterías de última xeneración con refrixeración controlada para ter máis durabilidade e seguridade
Capacidade enerxética de baterías nominal de 434 kWh
Autonomía de 16 h cunha soa carga
Sistema de climatización 100% eléctrico por bomba de calor, o máis eficiente do mercado, con aproveitamento do calor ao refrixerar os equipos eléctricos como os motores e as baterías.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Deputación exhibe con trece expositores a calidade agroalimentaria de Ourense no Salón Gourmets...

0
A través do Inorde, estará do 22 ao 25 de abril en IFEMA (Madrid) promocionando a provincia como destino enogastronómico de calidade da man...

Publicacións Relacionadas