Home Terra de Celanova A Bola Paco Nadal descobre no xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés unha “Galicia...

Paco Nadal descobre no xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés unha “Galicia auténtica”

- Anuncio -

O presidente do Inorde presentou hoxe, xunto ao prescritor de viaxes e xornalista Paco Nadal e á directora da Axencia de Turismo de Galicia, este xeodestino na 42ª Feira Internacional de Turismo en Madrid

Rosendo Fernández destacou que a viaxe do xornalista a esta zona permitiulle descubrir a el, e aos miles de persoas que puideron ver o seu vídeo, a esencia do que é a nosa provincia xenuína a través da súa visita a este xeodestino

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, presentou hoxe xunto ao xornalista e prescritor de viaxes Paco Nadal, e á directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, o xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés na 42ª Feira Internacional de Turismo que se está celebrando estes días en Ifema, Madrid.

O xornalista afirmou que a súa viaxe a este xeodestino para coñecer os principais recursos turísticos desta zona ourensá ha suposto descubrir “unha Galicia auténtica, afastada de aglomeracións e de carácter eminentemente natural”. De feito, no vídeo que realizou durante esta viaxe afirma que se trata de “un territorio máxico, de auga e terra, de termalismo, e de restos romanos. Terra de arraianos, de xente da “Raia” cunha forte personalidade marcada pola presenza potente, aínda que invisible, desa liña que é a fronteira hispano-portuguesa”.

Para Paco Nadal –unha das persoas máis influentes nos contidos sobre viaxes no panorama nacional- o eixo que debería vertebrar este territorio para continuar poñéndoo en valor debe pivotar sobre a Vía Nova e o legado romano da zona, así como o termalismo como esa gran baza que ten e pode ofrecer este xeodestino.

No seu vídeo, proxectado durante a presentación en Fitur 2022, Paco Nadal ensínanos 10 cousas que ver e facer para descubrir Terras de Celanova-Serra do Xurés. Para realizar este proxecto audiovisual, que conta con máis de 40.000 visualizacións en Youtube, o coñecido xornalista chegou á nosa provincia en tren desde Madrid para vivir en primeira persoa esa experiencia turística que vive calquera visitante que se achegue ao noso territorio.

Comezou a súa experiencia en Celanova onde puido coñecer o Mosteiro de San Salvador ao que cataloga como “a xoia arquitectónica de toda a comarca, un dos grandes centros monásticos de Galicia”. Da capital comarcal, trasladouse ao castro de Castromao, “desde o alto do Ferro, onde estaba o poboado, séguense tendo as mellores vistas panorámicas de todo o val, igual que hai 2.500 anos, por iso construírono aquí”, sinala Paco Nadal.

A terceira proposta que nos fai Paco Nadal é descubrir o “interesante legado de Roma en toda esta comarca, por exemplo, no Aquis Querquennis, un enorme campamento romano a beiras do encoro das Cunchas no val do río Limia”, asegurando que se trata “do mellor campamento romano estudado de toda España e o curioso é que queda mergullado cando sobe o nivel da auga do encoro”.

Tras descubrir o pasado romano da zona, Paco Nadal decidiu facer un roteiro megalítica polo xeodestino trasladándose a Maus de Salas e visitou a produtores locais da zona como a empresa de Montañas de Entrimo que elabora queixos con novas variedades que inclúen arandos, noces, ou con ortigas, “pero sempre conservando a autenticidade”, afirma Paco Nadal, quen lembrou que tamén hai fabricantes de mel, de embutidos e mesmo de aceite.

O xornalista tamén tivo a oportunidade de marabillarse con “a beleza e simplicidade de Santa Comba de Bande, a única igrexa visigótica que queda en Galicia. Unha xoia conservada milagrosamente a través dos tempos. Un xenuíno templo visigodo que loce como novo a pesar de ter case 1.400 anos de antigüidade”, afirma no seu vídeo. De Santa Comba, viaxou ata unha de “as visitas máis sorprendentes” da zona: a aldea Aceredo, que desapareceu fai xa máis de tres décadas baixo as augas do encoro de Lindoso e que cada certo tempo cando as augas do pantano están baixas, Aceredo volve á superficie como unha pantasma do pasado.

A viaxe a este xeodestino permitiulle profundar na súa riqueza natural a través dos seus roteiros de sendeirismo, pois esta zona “é un paraíso para camiñar e tamén para ir en bicicleta”, por exemplo, o camiño natural Vía Nova que segue o trazado da antiga calzada romana ou o gran roteiro transfronteirizo Gerés- Xurés cun percorrido circular de 300 quilómetros que percorre esta reserva natural compartida entre España e Portugal.

O termalismo foi outro dos recursos turísticos protagonistas da súa visita ao xeodestino encabezado polo balneario de Lobios, aínda que as augas termais afloran por todos sitios formando mesmo pozas ao aire libre para uso e goce gratuíto dos viaxeiros. E, por último, “a súa boa gastronomía. Estamos en Galicia. Sería imposible non comer ben, e sempre con produtos de tempada”, destaca Paco Nadal.

Plan de acción do xeodestino de 2021

O presidente do Inorde agradeceu a Paco Nadal o gran traballo realizado e que o xornalista titulou “Celanova – Xurés, o Ourense máis descoñecido” e que desde o pasado mes de novembro “deixou de ser descoñecido para el e para os miles de usuarios que puideron descubrir a través do seu vídeo as marabillas deste xeodestino, os recursos cabeceira que representan a marca turística da nosa provincia (termalismo, patrimonio, natureza e enogastronomia), pero limitado aos municipios que integran este xeodestino”.

En leste mesmo sentido, Rosendo Fernández destacou que Paco Nadal “non só puido descubrir e gozar da zona, senón que, a través desta pequena viaxe a Ourense, puido extraer con exactitude a imaxe do que é o noso territorio. Gozou do noso factor diferencial turístico como é o termalismo a través da visita ás termas de Bande ou Lobios; o noso innumerable patrimonio, como o Montasterio de San Salvador, o legado romano ou a igrexa de Santa Comba de Bande; mergullouse na nosa natureza a través de diferentes roteiros de sendeirismo e, por suposto, degustou nosa exquisita gastronomía coñecendo en primeira persoa aos profesionais que están detrás dos nosos bos produtos e, posteriormente, degutando algún dos nosos pratos estrela. Por tanto, podo afirmar Paco Nadal que coñeciches en primeira persoa a clave da nosa provincia: a súa esencia”.

Neste aspecto, Rosendo Fernández afirmou que o reto pasa por “atraer a máis visitantes ao noso territorio a través dun turismo sostible, respectuoso co noso medio natural, que nos siga permitindo presumir con humildade de ser: a provincia xenuína”, animando a todo o mundo que se pare a ver o vídeo de Paco Nadal porque, aínda que se centra neste xeodestino, “podería estar a falar de calquera zona da nosa provincia, pois o que podedes ver nel é o que somos”, engadiu o presidente do Inorde.

Esta viaxe de Paco Nadal ao xeodestino foi unha das actividades desenvolvidas neste territorio ao longo do ano 2021 con “o obxectivo de promocionar esta zona da provincia a través de prescritores turísticos”. Neste sentido lembrou que tamén se organizou unha viaxe de familiarización que permitiu achegar a 7 operadores turísticos a riqueza natural, patrimonial, enogastronómica e termal que ofrecen os municipios do xeodestino, para que posteriormente puidesen xerar produtos que formen parte das canles de comercialización. De feito, Rosendo Fernández insistiu en que o traballo das administracións no ámbito do sector turístico debe lograr que “os nosos innumerables recursos sexan coñecidos, sobre todo polos profesionais do sector para que poidan crear produtos específicos que dean cobertura á demanda dos viaxeiros que queiran coñecer un destino seguro, completo e xenuíno como é a nosa provincia”.

Outra das actividades realizadas o ano pasado neste xeodestino foi no ámbito da formación, concretamente, unha xornada sobre o Geocaching e as outras ferramentas tecnolóxicas que se están implantando como apoio á actividade turística, que estivo dirixida á as empresas locais e aos técnicos dos municipios que traballan no sector turístico neste xeodestino. “O obxectivo desta acción era transmitir e formar ao persoal que se dedica ao turismo nestes municipios, tanto do sector público como do privado, da capacidade que ofrece o geocaching así como as novas tecnoloxías para promocionar e divulgar as potencialidades turísticas da zona”, destacou Rosendo Fernández.

Ademais, o presidente do Inorde destacou que a chegada da Alta Velocidade a Galicia a través de Ourense “permítenos mellorar completamente a nosa conectividade con outras cidades AVE, polo que agora é aínda máis sinxelo, medindo a experiencia como calquera turista en tempo e non en quilómetros, desprazarse á nosa provincia para descubrir a súa completa e variada oferta e poñela ao dispor de todos os posibles consumidores”. En resumo, como di Paco Nadal ao final do vídeo: “necesitas máis escusas para descubrir o xeodestino Terras de Celanova-Serra do Xurés?, apostilou Rosendo Fernández.

Os municipios que integran este xeodestino son os seguintes: Cartelle, A Merca, Gomesende, Ramirás, Padrenda, Quintela de Leirado, Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños e A Bola”.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

O 29 de novembro terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel o Seminario sobre...

0
Os concellos ourensáns que forman parte deste futuro AECT serán Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobios,  Lobeira, Baltar, Padrenda, Verea, Quintela do Leirado, Muíños,...

Luis Menor convida á cidadanía a unirse aos 16 días de activismo da Deputación...

0
O presidente provincial anunciou a campaña no ámbito educativo a través da acción “ÚNETE-Eu non calo” na inauguración dunha exposición cos traballos recibidos no...

A Mesa de Calidade do Destino Ourense Termal incorpora a 22 novas empresas dentro...

0
Esta acción forma parte do Plan de Sustentabilidade Turística en “Ourense Termal” que executa a Deputación de Ourense, a través dun convenio de colaboración...

Publicacións Relacionadas