Podemos Ourense alerta sobre o risco de danos irreparables á fonte Bispo Cesáreo, un ben histórico trasladado desde o Mosteiro de Oseira, que actualmente está en trámite de declaración como Ben de Interese Cultural (BIC).
O Concello de Ourense está a instalar un árbore de Nadal directamente sobre a fonte, unha acción que desde Podemos consideran inaceptable e prexudicial para o patrimonio ourensán.
O portavoz Francisco Diéguez explicou: “A fonte Bispo Cesáreo non é un adorno máis da praza, é un ben histórico que precisa protección inmediata. A inacción do alcalde pon en risco a súa integridade e a nosa cidade.”
Podemos Ourense solicita á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia que adopte medidas cautelares urxentes para garantir que o árbol sexa retirado e a fonte preservada durante o proceso de declaración como BIC.
“Se Patrimonio non actúa e o Concello non garante a protección da fonte, Podemos Ourense reserva o dereito de emprender todas as accións xudiciais necesarias contra o Concello e o alcalde para protexer este ben histórico e asegurar que a lei se cumpra”, engadiu Diéguez.
Podemos Ourense insta á cidadanía e aos medios de comunicación a visibilizar a situación, subliñando que a preservación do patrimonio é responsabilidade de todos.



