HomeOurenseOurensePodemos Ourense denuncia ante a inspección de traballo as deficiencias na Policía...

Podemos Ourense denuncia ante a inspección de traballo as deficiencias na Policía Local

- Anuncio -spot_img

Podemos Ourense presentou hoxe unha denuncia formal ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social para esixir que o Concello de Ourense garanta as condicións de seguridade, formación e equipamento da Policía Local.

A iniciativa chega tras a recente sentenza do Xulgado do Social nº 1 de Ourense, que recoñece a existencia de “situacións de risco relevante” para a integridade física dos axentes, motivadas pola falta de equipos de protección e de protocolos de actuación axeitados.
“Hai unhas semanas solicitamos formalmente ao Concello que dotase aos axentes do material necesario para desenvolver o seu traballo de forma segura, sen recibir ningunha resposta. Ademais, xa levamos ante a Fiscalía o feito de que o Concello non abona o salario completo, por exemplo, a os bombeiros e bomberas. Non podemos permitir que as e os axentes da Policía Local sigan traballando sen o material necesario para protexer as súas vidas e garantir a seguridade da cidadanía. Desde Podemos Ourense esiximos que o Concello dote de forma inmediata de chalecos, escudos, walkie-talkies e o resto do equipamento preciso, ademais de asegurar que se lles paga o que lles corresponde”, declarou o noso portavoz, Francisco Diéguez.

A denuncia presentada solicita á Inspección de Traballo que verifique non só a dotación de equipos de protección e protocolos de actuación, senón tamén que as e os axentes perciban integramente o salario que lles corresponde, incluídas pagas extras e complementos.

Desde a formación morada lembran que esta situación “non só pon en risco ás traballadoras e traballadores, senón tamén á veciñanza de Ourense”, e esixen ao goberno de Gonzalo Pérez Jácome que cumpra de inmediato coas súas obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais.

Publicacións Relacionadas