HomeOurensePodemos Ourense esixe explicacións sobre a denuncia presentada pola Marcha Mundial das...

Podemos Ourense esixe explicacións sobre a denuncia presentada pola Marcha Mundial das Mulleres de Galicia

- Anuncio -spot_img

Podemos Ourense esixe explicacións sobre a denuncia presentada pola Marcha Mundial das Mulleres de Galicia trala concentración en repulsa ao asasinato machista de Baiona. As compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres de Galicia, que participaron na concentración, foron identificadas pola policía, o que xerou indignación entre as integrantes do grupo.

Desde Podemos Ourense, expresamos a nosa solidariedade coas compañeiras da Marcha Mundial das Mulleres de Galicia e esperamos que se aclaren as circunstancias que rodearon a identificación por parte da policía. Se as explicacións non son convincentes, esiximos que se depuren responsabilidades.

A loita heroica e constante da Marcha Mundial das Mulleres de Galicia, e de cada unha das súas integrantes, merece o respaldo e a solidariedade de todas as persoas comprometidas na loita contra o patriarcado que asasina cada día. O acoso policial non pode ser a resposta á valentía das mulleres que se organizan para acabar coa violencia machista.

Víctor Ferreiro, portavoz e candidato á Alcaldía de Ourense manifestou: “Desde Podemos Ourense, reafirmamos o noso compromiso coa defensa dos dereitos das mulleres e coa loita contra o patriarcado en todas as súas formas. Esiximos que se respecten os dereitos e a integridade das mulleres que loitan pola igualdade e a xustiza.”

Publicacións Relacionadas