HomeOurenseOurensePodemos Ourense esixe protocolo antiacoso inmediato e defende a laicidade nas escolas

Podemos Ourense esixe protocolo antiacoso inmediato e defende a laicidade nas escolas

- Anuncio -spot_img

Podemos Ourense presentou hoxe un requerimento formal á Consellería de Educación para instar á adopción urxente de medidas en dous ámbitos críticos para o sistema educativo galego.
Segundo explica Francisco Diéguez, portavoz de Podemos Ourense e mestre de Educación Primaria:
“É inaceptable que despois dunha sentenza xudicial a Xunta siga sen activar un protocolo efectivo contra o acoso laboral e escolar. Non se trata de burocracia, senón de garantir a protección das persoas e a seguridade no ensino.”

A formación demanda que a Consellería poña en marcha de inmediato un protocolo antiacoso operativo, transparente e participativo, involucrando a profesorado, sindicatos e comunidade educativa, para evitar que se repitan incumprimentos legais. Diéguez engade: “O conselleiro de Educación encheuse a boca anunciando que se crearía un organismo para protexer ao profesorado, unha Oficina de Apoio que supostamente garantiría máxima protección. Pero a realidade é que as xefaturas e inspeccións non aplican esa premisa, e seguimos sen saber nada concreto dese organismo.”

Ademais, Podemos Ourense insta á Xunta a liderar a eliminación da asignatura de Relixión das escolas públicas e das sostidas con fondos públicos, defendendo a laicidade efectiva no ensino. Diéguez engade: “Como mestre, sei que o currículo debe estar ao servizo da educación de calidade, non de privilexios relixiosos. Galicia ten a oportunidade de liderar en España unha educación laica, inclusiva e moderna.”

O requirimento solicita resposta escrita da Consellería detallando medidas, prazos e mecanismos de participación da comunidade educativa. Diéguez conclúe:
“Non podemos permitir que a burocracia ou intereses alleos ao ensino frenen a protección do profesorado e a neutralidade educativa. É hora de actuar con responsabilidade e criterio pedagóxico.”

Publicacións Relacionadas