Podemos Ourense pide a Jácome que “emende o seu erro” e consiga a bonificacióndo Goberno para o bus urbano.
Tralo anuncio por parte do Gobernodecoalición sobre a prórroga do desconto no transporte público para 2023, Podemospregúntase que pasará en Ourense se o Goberno de Jácome non puido conseguir aprimeira bonificación deste ano por impagos á Seguridade Social. Víctor Ferreiro, o candidato de Podemos a alcaldía de Ourense, considerou“nefasta” a xestión do alcalde do transporte público. “Por culpadasúaincompetencia os ourensanos e as ourensanas non puideron beneficiarsedosdescontos do Goberno. Foi unha oportunidade perdida para Ourense nuncontextomoi difícil para as familias e tampouco tivo ímpetu por solucionalo.”
“Pedísmolle a Jácome menos espectáculos e máis solucións, que arranxeestadesfeita e que consiga as bonificacións para as ourensanas. Sabemos queestámáis preocupado de dar a nota que de gobernar, pero xa é hora de quebusquesolucións para sumar Ourense á liña de financiamento que tanto pode beneficiar ásusuarias de transporte público”, continúa Ferreiro. Neste senso, Podemos pide a Jácome que aclare o antes posible as súas intenciónspara os descontos no bus urbano e ínstao a poñer “todos os esforzos” paraemendar o seu erro. “En 2023 queremos unha Ourense que facilite o accesoaobussen que supoña un esforzo para os petos”, alega Ferreiro. No paquete de propostas da formación, encádrase o aumento da frecuenciadasliñas do autobús e a implementación dunha tarifa plana asequible atachegar asubvencionar un 100% do prezo. Podemos Ourense defende un modelo onde os desprazamentos de longadistanciapoidan resolverse mediante transporte público para contribuír a un modelodemobilidade sostible e xusto.



