Podemos Ourense presenta un requirimento no Pleno para combater os discursos de odio e o racismo institucional

adminON
Lectura mínima de 2

O Círculo de Podemos Ourense vén de rexistrar un requirimento para o seu debate no Pleno do Concello, no que se propón unha batería de medidas para loitar contra o racismo, os discursos de odio e a exclusión social promovidos pola extrema dereita.

O texto, motivado polos recentes episodios de violencia xenófoba ocorridos en Torrepacheco (Murcia), recolle dez acordos concretos, entre os que destacan: a condena expresa do racismo de extrema dereita, a creación dun Plan Municipal contra o Racismo e a Xenofobia, a posta en marcha de campañas de sensibilización antirracista e o impulso de protocolos institucionais de atención ás vítimas.

Desde Podemos Ourense denunciamos que os discursos de odio non son opinións inocuas, senón unha ameaza directa contra a convivencia, a democracia e a seguridade de milleiros de persoas veciñas da nosa cidade.
“Non imos tolerar que se normalicen discursos que sinalan, criminalizan ou ameazan as persoas migrantes. Ourense ten que ser un municipio libre de odio e racismo, onde todas as persoas teñan dereito a vivir con dignidade, independentemente da súa orixe”, declarou Francisco Diéguez, Portavoz de Podemos Ourense, frente a militancia do partido.

A corporación debe instar tamén ao Goberno central a adoptar medidas para garantir a regularización das persoas migrantes en situación administrativa irregular, como paso esencial para a súa integración plena na sociedade.

Comparte este artigo