Podemos Ourense solicita a aplicación de medidas sobre o IBI para combater a crise da vivenda

adminON
Lectura mínima de 2

O voceiro de Podemos Ourense, Francisco Diéguez, presentou unha solicitude oficial para a aplicación de medidas fiscais sobre o Imposto de Bens Inmobles (IBI), conforme á Lei estatal de Vivenda 12/2023. A iniciativa busca incentivar o alugueiro das vivendas baleiras e aliviar a crecente crise habitacional na cidade.
Segundo datos do Observatorio da Vivenda de Galicia, o prezo medio do alugueiro na comunidade aumentou un 7,35% no último ano, acadando. Ademáis Ourense presenta unha elevada porcentaxe de vivendas baleiras, con máis de 14.968 inmobles desocupados segundo o INE en 2021, e unha estimación actual de preto de 20.000, o que representa máis do 22% do parque inmobiliario.
A Lei 12/2023 establece que os inmobles desocupados sen xustificación durante máis de dous anos poden ver incrementado o seu IBI entre un 50% e un 150%, en función do número de vivendas baleiras en cada municipio. Porén, a súa aplicación depende da vontade política do goberno local.
“É unha medida clave para dinamizar o mercado do alugueiro e garantir o dereito a unha vivenda digna, especialmente para a mocidade, que destina unha gran parte dos seus ingresos ao pago do alugueiro e a negativa do goberno municipal a aplicala demostraría a súa falta de compromiso coa cidadanía” afirmou Diéguez.
Podemos Ourense insta o Concello a implementar esta medida co fin de mobilizar vivendas baleiras e ofrecer solucións efectivas á crise habitacional que afecta a cidade.

Comparte este artigo