HomeOurenseOurensePodemos Ourense solicita á Xunta a creación dun organismo que controle o...

Podemos Ourense solicita á Xunta a creación dun organismo que controle o cumprimento da Lei de Vivenda e critica ao alcalde de Ourense por non levar adiante a declaración de zona tensionada

- Anuncio -spot_img

Podemos Ourense presentamos unha solicitude á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia para a creación dun organismo autonómico de control e seguimento dos contratos de alugueiro nas zonas declaradas tensionadas en Galicia.
“En Marzo de 2025 o noso partido instou ao Concello de Ourense a que solicitase á Xunta a declaración de zona de mercado residencial tensionado. Pedímoslle ao alcalde que actúe, pero ata o de agora non vimos que se movese. A súa inacción está permitindo que os prezos do alugueiro sigan a medrar sen control”. explicou o noso portavoz Francisco Diéguez.

Desde Podemos destacamos que “en Ourense, como noutras cidades galegas, os alugueiros suben de forma inasumible e as familias están sendo expulsadas dos barrios.
Non basta con aprobacións de leis se non hai mecanismos reais de aplicación”.
“O alcalde está a mirar para outro lado”, denunciou Francisco Diéguez, “cando o necesario agora é asumir a responsabilidade e presentar formalmente a solicitude á Xunta, tal e como solicitamos xa en marzo, para activar as medidas que permitan frear este problema”.

Desde Podemos Ourense consideramos imprescindible que o Concello colabore activamente coa Xunta e que esta reforce os medios para garantir a aplicación real da Lei estatal de vivenda, protexendo os arrendatarios e garantindo o dereito á vivenda.
“Non se trata de ideoloxía, senón de dereito. Se o alcalde non actúa, nós imos seguir a facelo”, rematou Francisco Diéguez.

Publicacións Relacionadas