O proxecto Aldearmos é un ambicioso programa de democratización cultural do/no rural.
Conta co financiamento da AGADIC, a través das súas axudas Territorio Cultura, e do campus de Ourense-Universidade de Vigo a traverso do seu cofinanciamento e reforzo por medio das actividades da súa área de cultura creando unha programación de altísimo interese. Queremos convidarvos á presentación do programa.
O lugar da presentación será o Salón de Graos da Facultade de Historia de Ourense, no edificio de Facultades (edif. de Ferro), no Campus de Ourense.
A hora e o día serán, mércores, días 19 de outubro, ás 12:00 da mañá e contará coa presenza de Elena Rivo, vicerreitora do Campus de Ourense, Óscar Penín (secretario da Rede e investigador do Campus), Noemí Vázquez (socia da Rede e xerente da Arca da Noe) e con Jacobo Sutil, director da AGADIC.
Aldearmos é un programa que conta con catro pés que teñen como obxectivo amosar a vitalidade do rural das provincias de Lugo e Ourense e contribuír a asentar proxectos culturais nel.
Aldear na Escola: un programa de intervención socioeducativa que levará 18 xornadas de traballo a diferentes centros educativos do rural das provincias de interior.
Aldear Campus Auga: un programa de intervencións científicas en contextos non académicos onde investigadores de primeira liña do Campus de Ourense presentarán os resultados das súas investigación en torno ás comarcas do interior buscando unha interlocución amena e didáctica. Contará con máis de 10 poñentes.
Aldear Acompaña: unha oficina de promoción económica do 4º sector e móbil, que acompañará as actividades anteriores e mantida por especialistas en economía social como Uxío Novoneyra Rei ou Óscar Penín.
Aldear Itinerancias: un programa de eventos en zonas rurais onde se amosen prácticas e espectáculos de vangardas creados por en para as zonas menos despoboadas e que se contrúan a través do intercambio de programación entre os socios da Rede. Están pechados 6 eventos ata final de anos e contamos con facer outros 6 ata a finalización do programa en Marzal.
Neste primeiro evento, en Vilar de Santos, confluirán tres das liñas de traballo descritas para crear unha programación de altísimo impacto, tanto no local como na visibilización do que se está a facer nos espazos máis isolados.
PROGRAMA: ALDEARMOS EN VILAR DE SANTOS
11h30 Concerto Coro Universitario do Campus de Ourense (Museo da Limia)
12H00 David F. Calviño (Aldear Campus Auga): Alternativas naturais aos químicos na agricultura. (Museo da Limia)
12h30 Presentación da Rede Aldear e Aldear Acompaña (Museo da Limia)
13h30 Concerto de Pan sen Fron (A Arca da Noe)
16h00 Contos com o Anxo Moure (A Arca da Noe)
17h00 Pepa Loba de Matilde Vázquez Iglesias do Teatro de Coles (Museo da Limia).
18h30 David Regueiro (A Arca da Noe)
20h00 Espectáculo de danza e música com Camille Hedouin (Mounqup) e Nuria Sotelo



