HomeOurensePreto de 2.000 persoas asistirán mañá, martes 5, á recepción dos Reis...

Preto de 2.000 persoas asistirán mañá, martes 5, á recepción dos Reis Magos no Auditorio

- Anuncio -spot_img

O Concello emitirá a mensaxe das súas maxestades para a rapazada da cidade ás 21:00h, a través da canle de vídeos municipal en YouTube

Preto de 2.000 persoas asistirán mañá, martes, día 5 de xaneiro á recepción dos Reis Magos á rapazada de Ourense, que se desenvolverá no Auditorio Municipal, organizada polo Concello. Serán, en total, 8 pases, un cada hora, que comezarán ás 11:00, 12:00, 13:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas, aos que asistirán en persoa todos os nenos e as nenas que se apuntaron a través do espazo web que habilitou o Concello.

As entradas esgotáronse na súa totalidade. Mais os menos e as nenas que non se apuntaron tamén poderán ver os Reis Magos de Oriente, xa que o Concello emitirá a través da canle de vídeos municipal en YouTube a tradicional mensaxe de saúdo das Súas Maxestades, que en anos anteriores se realizaba desde os balcóns da Casa do Concello, dirixida a toda a rapazada ourensá. Será mañá, ás 21:00 horas.

A entrada ao recinto deberase efectuar pola parte traseira do Auditorio, a través dunha pasaxe elaborada para a ocasión, ao carón do Arquivo Histórico Provincial.

A Concellería de Cultura fai un chamamento á responsabilidade dos asistentes para que as primeiras medidas sexan, precisamente, as individuais. A maiores, lembra a necesidade de seguir outra serie de indicacións de forma rigorosa:

O uso da máscara é obrigatorio en todo momento (maiores de 3 anos).

No acceso ao recinto e nos diferentes espazos haberá xel hidroalcohólico.

Non está permitido fumar.

O acceso e a saída dos espazos efectuarase de maneira graduada e baixo o control do persoal da organización para garantir a distancia de seguridade e evitar aglomeracións.

Prégase paciencia e atención ás indicacións.

Seguir a sinalización para desprazarse polo espazo, respectar os asentos asignados e a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros con outras persoas.

Calquera persoa que pensen que poida ter síntomas ou estar en contacto con alguén diagnosticado da virus, é preferible que se non abandone a casa.

Publicacións Relacionadas