HomeOurenseOurenseRecepción do alcalde os e as participantes no IV Congreso Internacional da...

Recepción do alcalde os e as participantes no IV Congreso Internacional da Auga

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o tenente de alcalde Armando Ojea, recibiron esta tarde no salón de plenos do Concello os e as participantes no IV Congreso Internacional da Auga que se desenvolve no campus de Ourense.

Co lema “Dereito e Auga no Horizonte 2030”, a cita científica bianual que organiza a Universidade de Vigo céntrase este ano na análise dos recursos hídricos desde unha perspectiva xurídica, reunindo especialistas estatais e internacionais neste eido procedentes de entidades públicas e privadas. O congreso aborda retos específicos da gobernanza da auga no marco dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030

A actividade forma parte do proxecto de especialización do campus de Ourense

Publicacións Relacionadas