Recepción no Pazo Provincial ao colectivo Amigos das Termas

adminON
Lectura mínima de 1

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao colectivo Amigos das Termas, encabezado polo seu portavoz, Enrique Camoeiras, acompañado á súa vez por Noelia García, membro da plataforma.

Luis Menor trasladou aos representantes do colectivo o decidido apoio da Deputación ao termalismo ourensán, como un “sector estratéxico para a provincia e un factor diferencial á hora de atraer a visitantes.

Nesta liña e dentro do ámbito competencial da Deputación, o presidente destacou a “total disposición” do goberno provincial á hora de promover accións en beneficio do sector termal”.

Comparte este artigo