Home Ourense Relación de asuntos da xunta de goberno local 29/7/21

Relación de asuntos da xunta de goberno local 29/7/21

- Anuncio -

Reunida en sesión ordinaria esta mañá, deu conta de 22 asuntos achegados por diferentes áreas e servizos municipais

A Xunta de goberno local do Concello de Ourense, reunida esta mañá en sesión ordinaria, deu conta de 22 asuntos na orde do día. Entre eles, no apartado de Contratación (1), a aprobación do expediente para contratar o proxecto de execución das obras de rehabilitación do firme nas rúas Xoán XXIII -nas traseiras da Subdelegación do Goberno-, Concejo, Parque de San Lázaro e Curros Enríquez. Neste proxecto contémplase, ademais, a posibilidade de ampliar a zona de obras ás rúas adxacentes: Sáenz Díez, Mestre Vide e Celso Emilio Ferreiro. O prezo de licitación ascende a 358,985,11 euros, IVE incluído.

Licenzas (4). Estimouse a solicitude dunha particular para declarar innecesaria licenza urbanística para segregar unha finca en Quintela de Velle; concedeuse licenza para o proxecto dunha vivenda unifamiliar na estrada de Sabadelle; concedéuselle tamén unha prórroga de seis meses a unha mercantil para a substitución de ascensores nun edificio de Bedoya; e aceptouse a renuncia dun particular á rehabilitación da cuberta dun inmoble na rúa Abeleda.

Avogacía consistorial (17). Seis comparecencias, oito sentenzas, dous decretos e unha providencia do Tribunal Supremo.

Esta última acaba por recoñecer a boa praxe municipal: inadmite a trámite un recurso de casación interposto contra un auto ditado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que confirmaba á súa vez unha sentenza do Contencioso Administrativo en favor do Concello de Ourense. Dita sentenza declaraba conforme a dereito a denegación dos Estatutos e Bases de Actuación dun polígono de solo urbanizable no Fonsillón – A Farixa en contra dos intereses dunha promotora, Desarrollos Comerciales de Ocio e Inmobiliarios de Ourense, que prevía construír unha área comercial na zona.

Ademais, o Contencioso Administrativo decreta desistidos das súas solicitudes a dous recorrentes: a un traballador municipal nun procedemento de Dereitos Fundamentais, arquivando as actuacións; e a un particular que reclamaba unha sanción de tráfico.

Sentenzas. A xunta de goberno deu conta dunha sentenza que estima o recurso dunha particular pola responsabilidade patrimonial do Concello de Ourense nos danos ocasionados polas choivas nunha propiedade, xa que considera que non houbo causas de forza maior.

Outra sentenza absolve un acusado dun delito contra a seguridade do tráfico ao non se ter podido demostrar que conducise baixo os efectos do alcohol no intre do sinistro; porén, si que o considera responsable dos danos ocasionados nunha varanda, por valor de 1.936 euros, e que lle serán reclamados.

O Contencioso Administrativo estimou parcialmente o recurso dunha entidade mercantil na súa reclamación por non ter cobrado unhas obras de pavimentación e recollida de augas en Rairo. O Concello deberá aboar dúas facturas por importe de 46.895,16 euros sen exclusión do IVE, xa que a demandante acreditou o seu ingreso á Facenda durante o xuízo.

O xulgado tamén estima parcialmente a demanda dun traballador do Concello que realizou máis horas das legalmente establecidas (1.642), tendo o dereito a percibir as horas extra realizadas nos últimos catro anos desde a presentación da súa reclamación.

Por outra banda, desestímanse dous recursos presentados fronte a acordos do Tribunal Económico Administrativo do Concello de Ourense: o primeiro, interposto por unha entidade mercantil, impoñéndoselle as costas do proceso; o segundo, interposto por un particular por unha reclamación pola liquidación do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana.

Si que estima a mesma sala unha reclamación contra unha sanción por estacionar o seu vehículo en zona peonil, retirándolle a sanción de 200 euros.

Finalmente, o Xulgado do Social estima a demanda presentada por un traballador da Escola Municipal de Música, que acreditou como fraudulenta a súa contratación temporal concatenada, declarándoo indefinido e con antigüidade desde outubro de 1998.

Comparecencias. O Concello deberá presentarse, en calidade de demandado, nos seguintes procedementos xudiciais:

En senllos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial contra a desestimación de dúas reclamacións: a primeira, polos danos sufridos nun vehículo -por valor de 561,27 euros- por mor dun bolardo; a segunda, polos danos persoais -valorados en 11.663,20 euros- por unha caída na rúa Avilés de Taramancos.

Por unha reclamación contra un acordo de xunta de goberno do mes de maio que ordenaba o peche e precinto da actividade dun establecemento na estrada de Vigo.

No procedemento interposto por un ex traballador contra o decreto de Alcaldía de setembro de 2020 que o acorda cesar como auxiliar de grupo político.

Nunha reclamación pola liquidación do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana, e no que se reclama a devolución de 17.906,30 euros.

Nun procedemento contra a resolución da Concellería de Recursos Humanos de outubro de 2020 pola que non se concede un día de permiso de deber inescusable de carácter público.

Relacionadas

Luis Menor apela á colaboración público-privada para “facer o Camiño xuntos e potenciar a...

0
O presidente provincial clausurou xunto ao seu homólogo zamorano, Javier Faúndez, o Ciclo adicado ao Camiño Meridional organizado pola UNED de Ourense e Zamora Anunciou...

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

A Deputación incorpora unha nova máquina para cooperar cos concellos no mantemento e reparación...

0
A Deputación de Ourense continúa a reforzar o seu parque de maquinaria coa adquisición dunha nova máquina compactadora que permitirá mellorar a cooperación cos...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Xunta pon en valor na Feira EmpregoInCampus Ourense a colaboración coa Universidade...

0
José González sinalou que se destinarán 410.000 euros ás universidades de Vigo, de Santiago de Compostela e da Coruña para impulsar o espírito empresarial...

Publicacións Relacionadas