HomeOurenseOurenseRelación de asuntos da xunta de goberno local do 17 de novembro...

Relación de asuntos da xunta de goberno local do 17 de novembro de 2022

- Anuncio -spot_img

A xunta de goberno local deu Concello de Ourense, reunida esta mañá no salón de plenos, deu conta de 25 expedientes achegados por diferentes áreas e servizos municipais.

Licenzas (5)

Conceder unha prórroga de seis meses para iniciar as obras de instalación dun ascensor na rúa Río Arnoia

Conceder licenza de obra para proxecto básico e de execución de instalación de ascensor en edificio de vivendas sito na Praza do Correxidor

Conceder licenza de obra para Proxecto básico e de execución de legalización e remate das obras de rehabilitación integral de vivenda en Cardeal Quiroga

Conceder licenza urbanística de obra para proxecto básico e de execución de construción de vivenda unifamiliar sita na rúa da Coenga, Seixalbo

Conceder licencia para o proxecto básico e de execución de vivenda unifamiliar, no núcleo de Sas, en Santa Eulalia de Beiro-Ourense

Patrimonio (4)

Estimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha particular por danos ocasionados no seu vehículo como consecuencia de traballos realizados polo Concello, por importe de 1.514,13 euros

Desestimar 3 reclamacións de responsabilidade patrimonial presentadas por particulares por lesións sufridas por caídas na rúa do Xoaquín Lorenzo “Xocas”, na rúa Parque de San Lázaro e na Avenida de Pontevedra, xa que non concorren os requisitos legais que dan dereito a unha indemnización.

Polo mesmo motivo, e de acordo co Consello Consultivo de Galicia, desestímase tamén a reclamación de responsabilidade patrimonial dunha veciña polas lesións sufridas por unha caída na rúa Serra Martiñá.

Desestimar a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha compañía de seguros por danos a un vehículo.

Contratación (3)

Acordar a prórroga por 2 anos do contrato de subministración da renovación e mantemento das aplicacións corporativas de Persoal e Recursos Humanos do Concello de Ourense.

Aprobar o expediente para contratar o subministro da renovación/mantemento de licenzas de software Fortiweb.

Acordar a prórroga por 1 ano do contrato do servizo de vixilancia da saúde (medicina do traballo) e outras actividades preventivas e médicas para o persoal do Concello

Artes e festexos (1)

Sinatura dun contrato coa familia Amor Vázquez para a obtención en réxime de cesión de uso, de carácter gratuíto, e por un período de 10 anos do óleo ”Cacería”, do artista Manuel Prego de Oliver. O Concello acepta a cesión de uso, mediante contrato de comodato, ofrecida pola familia.

Xestión económica e orzamentaria (2)

Aprobar unha relación de facturas, por un importe total de 8.560,28 €, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2021, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio

Aprobar 2 liquidacións, por un importe total de 197.250 € correspondentes a gastos realizados no exercicio, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio. Son 2 liquidacións relativas ao cofinanciamento de escolas infantís

Avogacía Consistorial (10)

Sentenzas (6):

ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2 de Ourense no Procedemento Abreviado 239/2021-E, que desestima o recurso dun particular contra o Concello de Ourense, pola falta de dotación do servizos públicos básicos obrigatorios na rúa Teixo.
Do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1,que desestima o recurso contencioso-administrativo interposto por un traballador municipal no ámbito laboral.
Do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2, que desestima o recurso interposto por unha traballadora do Concello que solicitaba se lle recoñecese que realizara funcións de superior categoría
Do Xulgado do Social número 2, que estima o recurso dun traballador do Concello e lle recoñece como traballado e cotizado un período desde agosto de 1989 até abril do 93.
Do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que desestima o recurso de apelación interposto polo Concello contra a sentenza de 20 de maio de 2022 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo 2 de Ourense no procedemento ordinario 210/2021, en relación á aprobación da modificación orzamentaria 2P/2021 por un importe de 62.601.389,04 euros para realizar obras na cidade.
Do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestima o recurso de apelación 4121/2022, interposto polo Concello contra sentenza do Xuzgado do Contencioso-administrativo número 2, n.º 247/2021, ditada en autos de PO 27/2021/A, de 9 de decembro de 2021. A sentenza desestima o recurso de apelación interposto polo Concello contra a sentenza de instancia en relación coa recuperación de oficio dos baixos na Praza de San Antonio.
Decretos (2):

do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, de desistimento dun procedemento ordinario
do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Ourense no Procedemento Ordinario 191/22 interposto por varios particulares por danos derivados da antiga depuradora de augas residuais de Reza.
Comparecencias (1)

O Concello terá que comparecer diante do Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 2 de Ourense, no Procedemento ordinario relativo a unha liquidación tributaria practicada polo Imposto sobre Bens Inmobles

Auto (1)

Auto ditado polo Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2, que denega unha solicitude de medidas cautelares nun procedemento relativo a unha reclamación tributaria

Publicacións Relacionadas