HomeOurenseRenfe, en colaboración co Concello, activa a campaña “Ven ao Entroido de...

Renfe, en colaboración co Concello, activa a campaña “Ven ao Entroido de Ourense”, con billetes a 30€ para viaxar á cidade desde Madrid durante as festas

- Anuncio -spot_img

Renfe, coa colaboración do Concello de Ourense, pon en marcha desde hoxe a campaña “Ven ao Entroido de Ourense”, que ten como obxectivo fomentar os desprazamentos desde Madrid cara á nosa cidade durante a celebración destas festas. As persoas que o desexen poderán adquirir a prezos accesibles billetes de tren para viaxar en tren de alta velocidade, pasar un día e unha noite de festa desfrutando o Entroido de Ourense e volver ao día seguinte.

A oferta é válida para os trens que sairán o sábado, 1 de marzo, desde a estación Madrid Chamartín – Clara Campoamor ás 13.15 e ás 14.40 horas (30 euros) e o que regresará o domingo, 2, ás 6.30 horas desde Ourense (30 €).

As prazas son limitadas e os billetes poderanse adquirir desde hoxe até o día 1 de marzo en www.renfe.com e na App de Renfe. Tamén estarán dispoñibles nas billeteiras das estacións, máquinas autoventa e Venda Telefónica 912 320320, ademais de en axencias presenciais e virtuais.

Publicacións Relacionadas