O sábado 25 de novembro remata o Circuito de Teatro que se realizou durante este mes na sala Manuel de María de Barbadás, e como final estará o grupo do Carballiño Tiruleque Teatro que presenta “Soutelo Enterprise”.
Sinopse:
Nunha imaxinaria situación histórica, social e xeográfica o magnate Ramiro Soutelo alma mater do emporio “Soutelo Enterprise”, medra ó abeiro das amizades políticas e xudiciais entre as que son moeda corrente as corruptelas e os cartos en negro para facer valer as súas ambiciosas ansias de poder económico e político, sen que tales actividades lles causen desacougo nin remorsos a ningún dos seus actores. As lapas das conciencias apáganse co mellor extintor coñecido: o diñeiro. Unha comedia aceda contada entre risas e prantos, na que nos preguntamos.
Que ten que ver Lionel Messi con Paquiño Cagarolas? Porque Anselmo ten uns gallumbos de Kevin Clain e Benito Calvin Klain? Milucho o alcalde de Buxo será tal de matar todas as vacalouras do concello? Non lle sería máis práctico a don Damián voar no seu jet privado? Perderá o Boca Juniors ese partido contra o París Saint-Germain? Por que Carmiña non quere patacas con cherelos e Lela ten problemas sexuais co seu Rafa?
A representación terá lugar o sábado 5 de novembro ás 19:30h, recomendado para todos os públicos e entrada con que se pode recoller na Casa da Cultura.