A xunta de goberno local celebrada esta mañá no Concello de Ourense tratou 12 asuntos na orde do día.
Avogacía consistorial (6). Catro sentenzas e dous autos.
Sentenzas: A xunta de goberno local deu conta da desestimación do recurso interposto polo sindicato CSIF contra o decreto polo que se aproba a creación da Dirección Xeral de Recursos Humanos. Ademais, coñecéronse dúas sentenzas que estiman senllas reclamacións en materia de responsabilidade patrimonial polas lesións sufridas por senllas caídas na rúa: a primeira por importe de 6.602,94 euros, e a segunda por 11.587,09 euros. Tamén se coñeceu a sentenza contra unha resolución de xunta de goberno local en materia de urbanismo, recoñecendo a licenza de legalización para a cuberta dun edificio.
Ademais, coñecéronse dúas sentenzas que estiman senllas reclamacións en materia de responsabilidade patrimonial polas lesións sufridas por caídas na rúa: a primeira, a dun particular que reclamaba 6.602,94 euros polas lesións sufridas como consecuencia da suba dun bolardo na rúa Santo Domingo -e o Xulgado lle recoñece 5.756,15 euros; a segunda reclamación, polos danos sufridos como consecuencia dunha caída na rúa Xoán de Nóvoa con rúa do Bierzo, recoñece 6.000 euros en favor do reclamante -que solicitaba a cantidade de 11.587,09 euros-.
Autos: O primeiro, ditado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo en materia de urbanismo, legaliza os sotos dun garaxe. Tamén se coñeceu un auto ditado polo contencioso-administrativo que suspende cautelarmente o acordo de sancionar a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos a sanción tributaria, por importe de 41.128,8 euros, por non estar de alta nos correspondentes epígrafes do IAE.
Licenzas (2). Concedéronse dúas licenzas relacionadas con demolicións: a primeira, para un edificio na rúa Celso Emilio Ferreiro; a segunda concede unha prórroga de seis meses para a demolición de dous edificios entre as rúas Vicente Risco e Ramón e Cajal.
Aperturas (1). Concédeselle licenza de obra e actividade para un proxecto de acondicionamento interior dun negocio de venda de comida preparada.
Patrimonio (2). Dúas reclamacións de responsabilidade patrimonial: a primeira, relacionada cos danos sufridos nunha comunidade de veciños como consecuencia da rotura dunha tubaxe, arquívase logo de que os particulares e a empresa responsable chegasen a un acordo económico. A segunda ten que ver cos danos ocasionados nun vehículo por unha focha na rúa Marcelo Macías: o Concello desestímaa ao non ser competente para resolvela.
Sanidade (1). A Concellería de Sanidade aproba o Plan Estratéxico de Subvencións para o período 2021-2023, que conta cunha partida anual de 75.000 euros para apoiar proxectos, actividades e programas de utilidade pública, de interese social ou de promoción dunha finalidade pública en materia de Saúde desenvolvidas por entidades sen ánimo de lucro. O Concello entende que a participación dos diversos colectivos na vida social preséntase coma un instrumento para potenciar a súa capacidade de organización e autonomía dentro dos ámbitos sociais.