Home Ourense Resumo de acordos da Xunta de Goberno Local do 12 de maio...

Resumo de acordos da Xunta de Goberno Local do 12 de maio de 2022

- Anuncio -

Entre os asuntos abordados hoxe, acordouse prorrogar o contrato do servizo de elaboración de menús para ceas do albergue municipal de transeúntes do Concello

A xunta de goberno local do Concello de Ourense abordou na súa sesión desta mañá un total de 32 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais. Entres eles, a concesión de dúas licenzas de obra, a prórroga por un ano do contrato para a elaboración de menús para ceas do albergue municipal de transeúntes.

Licenzas (2)

Conceder licenza urbanística de obra para proxecto básico de reforma de tres locais en planta baixa para vivendas nun edificio da rúa Diego Sarmiento Acuña e para o proxecto básico de construción dunha vivenda unifamiliar na Rabaza de Abaixo.

Patrimonio (4)

Desestimar 3 reclamacións de responsabilidade patrimonial, por prexuízos sufridos como consecuencia da renuncia do Concello á licitación dun contrato de arrendamento; polos danos ocasionados nun vehículo pola caída de ramaxe dunha palmeira na rúa Noriega Varela; e por danos materiais ocasionados no soto dun inmoble por filtracións de auga en inmobles da rúa Clara Campoamor. Tamén se arquiva unha reclamación de responsabilidade patrimonial por desaparición sobrevida do seu obxecto, ao estar xa resarcido o dano.

Servizo de Contratación (1)

Acordar a segunda prórroga do contrato do servizo de elaboración de menús para ceas do albergue municipal de transeúntes do Concello, adxudicado a Asociación Aixiña. A prórroga é por 1 ano (dende o 16 de outubro de 2022 ata o 15 de outubro de 2023), cun prezo anual estimado de 40.953,00 € IVE incluído.

Artes e festexos(1)

Liberar crédito por importe de 12.600 € nun expediente de gasto, e anular a retención de crédito para incorporar o sobrante á partida 180.3340.48951.

Xestión económica e orzamentaria(3)

Aprobar 2 relacións de facturas, por importes de 29.820,63 € e 57.718,38 €, correspondentes a gastos realizados no exercicio 2021 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio. Tamén se corrixe un erro advertido na xunta de goberno de 31 de marzo de 2022 relativo á retención de crédito para pagar unha factura de 1.298,51 euros.

Avogacía Consistorial (21)

Sentenzas (8):

A xunta local deu conta de tres sentenzas do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense que:

estima o recurso dun particular contra o decreto da Concellería de Urbanismo que declaraba a ruína inminente de 2 inmobles en Anaigo de Abaixo e acordaba a súa demolición.
estima parcialmente o recurso dunha particular que reclamaba indemnización por unha caída á altura da baixada á Praza de Abastos. A sentenza considera que houbo concorrencia de culpas entre o Concello e a actora e recoñécelle 300 euros dos 1.229.28 que pedía.
desestima o recurso dunha particular e unha aseguradora que reclamaban unha indemnización de 2.885,03 euros por danos no seu vehículo por un presunto fallo de funcionamento do sistema de control de acceso de vehículos á zona peonil do centro histórico. A sentenza acolle as alegacións realizadas polo Concello, relativas á culpa exclusiva da condutora nos feitos.

Do Xulgado de Instrución número 2 que declara a inadmisibilidade do recurso dun particular en que solicitaba unha devolución de ingresos indebidos. A sentenza inadmite o recurso contencioso-administrativo ao non esgotar o actor a vía administrativa por non presentar a preceptiva reclamación económica-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo do Concello.

Do Xulgado de Instrución número 3 de Ourense, que absolve a tres particulares no xuízo por delitos leves promovido a instancia de Concello e do Ministerio Fiscal, por danos bens de titularidade municipal (pintadas na fachada do edificio do PERI sito na rúa Primavera) por importe de 94,02 euros.

Dúas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que:

desestima o recurso interposto polo Concello contra a sentenza do Xulgado do Contencioso-administrativo, en materia de responsabilidade patrimonial polas filtracións producidas en garaxes na rúa Álvarez de Sotomayor. A sentenza dá por bos os argumentos da sentenza de instancia e declara a responsabilidade do Concello nas filtracións, que proveñen da zona de xardín que se atopa na traseira do inmoble.

desestima o recurso de apelación promovido pola empresa SOFALCO S.L. contra a sentenza de 14 de xuño de 2021 do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense que declarou a procedencia da denegación da licenza de obras para a construción dunha edificación na rúa do Progreso, número 5.

Do Xulgado do Social número 3, que desestima unha demanda formulada por Mutua Fremap en autos de impugnación de actos da administración relativos á declaración de incapacidade permanente total derivada dun accidente de traballo.

Providencia (1)

Do Tribunal Supremo, que desestima o recurso de casación contra a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Recurso de Apelación 4164/2021, relativa a uns terreos ocupados polo Concello na área de reparto 48-N do Plan de Urbanismo, nos que se construíu un muro, de propiedade municipal, e un paso peonil que vai desde a rúa Beira Miño até o parque Ribeira-Miño.

Unha sentenza do Contencioso obrigaba o Concello a devolver os terreos e indemnizar os seus propietarios. O Concello recorreuna e o TSXG ditou sentenza en decembro de 2021 que estimou o recurso do Concello, e revogou a anterior no relativo á restitución dos terreos, polo que o Concello non terá que devolvelos senón aboar unha indemnización, cuxo importe se determinará en execución da sentenza. A propiedade recorreu esta resolución e a providencia que hoxe se coñeceu desestima o seu recurso de casación e confirma a sentenza do TSXG.

Comparecencias (12):

  • Diante do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense nos procedementos abreviados interpostos: (5)

Por unha aseguradora que reclama responsabilidade patrimonial por danos por mor dunha rama dunha árbore nun vehículo.
Por un particular que reclama responsabilidade patrimonial por danos por unha caída na rúa do Progreso.
Por 3 traballadores municipal que reclama dereito a remuneracións salariais.

  • Diante do Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 (7)

condutor que reclama responsabilidade patrimonial por anos sufridos ao caer da súa moto cando circulaba por rúa Ponferrada.
condutor que reclama responsabilidade patrimonial por danos causados no seu vehículo polo guindastre municipal na rúa Valle Inclán.
Por 4 traballadores municipais que reclaman dereito a remuneracións salariais.
Por unha traballadora por denegación de axudas sociais.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

A Deputación reafirma o seu compromiso co agro limiao cunha achega de 100.000 euros...

0
O presidente provincial, Luis Menor, xunto ao conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e ao alcalde de Xinzo, Amador Díaz, detallaron en...

A Xunta lembra en Ourense que continúa aberto o prazo para solicitar as axudas...

0
— Os interesados poderán presentar as instancias ata o 8 de abril — O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila,...

O Concello aproba as bases do concurso que premiará os mellores maios e coplas...

0
O alcalde anima a participar nesta tradicional celebración, que estará amenizada cun concerto de María do Ceo O Concello aumenta os premios dos concursos de...

Publicacións Relacionadas